Venres 14 de Agosto de 2020

Jorge Pumar representou a cidade de Ourense na XIII Asemblea Xeral da Rede Española de Cidades polo Clima


A sede da FEMP en Madrid acolleu a reunión da XIII Asemblea Xeral da Rede do Clima de España (RECC)

Jorge Pumar, tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente, representou a Ourense na XIII Asemblea Xeral da Rede Española de Cidades polo Clima (RECC), celebrada esta mañá na sede da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), e que estivo presidida polo alcalde de Sevilla, Juan Espadas. A presenza de Jorge Pumar respondeu á estratexia de desenvolver unha cidade sostible e de alta calidade de vida, polo que a asistencia a foros de carácter nacional e internacional coma este é imprescindible á hora de acceder a experiencias e proxectos que sexan de interese.
Jorge Pumar lembra que “a loita contra o cambio climático é tanto unha esixencia coma unha oportunidade de transformar a cidade nunha urbe sostible, entendida como un espazo de convivencia, calidade de vida e desenvolvemento económico”, e por iso faise preciso “coñecer de primeira man as tendencias tecnolóxicas e os programas de desenvolvemento humano actuais”.
A Asemblea Xeral é o máximo órgano de Goberno da RECC e reúnese con carácter ordinario unha vez ao ano. Nesta ocasión, entre os puntos da orde do día destacou a aprobación dos vogais do Consello de Goberno para o mandato 2019-2023 e a definición do plan de traballo, entre outros asuntos.
Tras a Asemblea celebrouse unha mesa de debate sobre a Emerxencia Climática nas Cidades tras a COP25. Contou coa participación de Germán Esteban, responsable de Relacións Internacionais da Comisión Europea; Pedro Prieto, director de Aforro e Eficiencia do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía; e Eduardo González, subdirector xeral de Coordinación de Accións fronte ao Cambio Cimático da Oficina Española de Cambio Climático.

Deja una respuesta