Luns 03 de Agosto de 2020

Cancélase a Noite do Terror de Montalegre, na que Ourense ía participar, por motivos sanitarios


 

A Cámara Municipal de Montalegre [Portugal] decidiu cancelar a Noite do Terror do vindeiro venres, 13 de marzo, “para conter o [corona]virus e garanter a contención da súa propagación”, segundo lle explicou por teléfono Orlando Alves, presidente da Cámara portuguesa ao alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome.

O rexedor lamenta a cancelación do evento porque era a primeira vez que se ía celebrar de forma conxunta e pola promoción que se fixo do evento desde o propio Concello de Ourense.

Deja una respuesta