Mércores 08 de Abril de 2020

O goberno municipal asegura a execución do plan de obras e tilda de “delirio” as críticas do PSOE


 “Estamos traballando arreo para que a principios do verán poidamos lanzar todo tipo de obras”, advirte o concelleiro Miguel Caride.

“Nós vimos a facer o que temos que facer. Temos identificadas as necesidades da cidade e estamos traballando arreo para xestionar toda a parte burocrática para que que a principios do verán poidamos lanzar todo tipo de obras”. É a resposta do concelleiro de Infraestruturas e voceiro do grupo de DO, Miguel Caride, ao fío das declaracións realizadas onte polo grupo municipal do PSOE cuestionando a execución do plan de obras municipal. Un grupo, di, “que vén rozando o delirio ciclicamente, dicindo o primeiro que lles vén á cabeza”. O edil demándalle aos socialistas no Concello “lealdade institucional á hora de facer declaracións” e que “non lle traslade á cidadanía cousas que non son certas”.
“Non nos cargamos ningún plan de obras”, conclúe. A este respecto, lembra que o plan de obras do actual goberno municipal está en fase de contratación, pendente de dispoñer dos créditos precisos para a súa execución.
“É delirante”, afirma, “que se nos acuse de non facer cousas cando precisamos ter unha capacidade orzamentaria para poder facer cousas, e este partido é o que alegou os orzamentos e ameazado con levalos aos tribunais. “Non quere que teñamos orzamentos nin capacidade orzamentaria para sacar adiante este plan de obras e outros novos que podamos deseñar”, dixo.

Deja un comentario