Mércores 08 de Abril de 2020

O Concello celebra o Día das Mulleres con actividades divulgativas, culturais e deportivas de sensibilización


 

 

O Concello de Ourense organizará desde o día 4 de marzo ata o 8 de abril un programa de actividades divulgativas, culturais e deportivas destinadas a celebrar o Día Internacional das Mulleres (8 de marzo). A concelleira de Igualdade, Eugenia Díaz Abella e a directora do Centro de Información Municipal ás Mulleres, Malena de Jesús presentaron a programación, xunto coa autora do cartel das actividades, a deseñadora Patricia Joga, que se agrupan co lema “Ignoramos a nosa verdadeira estatura ata que nos poñemos en pé”, da poeta estadounidense Emily Dickinson. Unha frase que, explicou Eugenia Díaz, “reivindica a forza que temos as mulleres cando cremos en nós mesmas, loitamos e visibilizamos a nosa fortaleza, a nosa valía e o que aportamos á sociedade”. Unha sociedade que, dixo, “se ten que vertebrar en torno ás mulleres porque somos un pilar fundamental en todos os aspectos”.

Comeza así “un mes en que poñemos en primeira liña e de manifesto o papel da muller na sociedade”, explicou Díaz Abella, que presentou as diferentes actividades que se desenvolverán.

Haberá servizo de coidado de crianzas en todas as actividades sempre que se solicite con dous días de antelación.

4 de marzo:

12:00 horas, salón de plenos do Concello. Acto institucional.

20:30 horas, Liceo. Entrega do XIV Premio Clara Campoamor á Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. As gañadoras este ano son María Antonia Rilo e a Rede Galega contra a Trata.

8 de marzo

10:00 horas, campo Miguel Ángel do Pavillón dos Remedios. Partido de fútbol amigable: pola igualdade real entre mulleres e homes.

11:00 horas. Praza Maior. Carreira pola igualdade e diversidade “Son libre para correr”.

9 de marzo

20:30 e 23:00 horas, Casa da Cultura (local de proxección do Cineclube Padre Feijóo). Cine: A ola verde (que sexa lei). Dir. Juan D. Solanas. Arxentina, 2019.

15 de marzo

16:30 horas. Campo de fútbol de Seixalbo. “Aquí non se xoga coa violencia machista. Actividade co-organizada co C.D. Seixalbo no transcurso do partido fronte ao ACD Cartelle.

17 de marzo

20:30 horas, Casa da Cultura (local de proxección do Cineclube Padre Feijóo). Cine: Arima. Dir. Jaione Camborda. España, 2019. Presenta o actor Tito Asorey.

26 de marzo

20:15 horas. Centro cívico Colón. Apuntámonos ao Bo trato: Identificando violencias machistas para outro modelo de relacións. Relatora: Monse Vilar Figueiredo, formadora especialista en xénero da Libraría Lila de Lilith.

1 de abril

18:00, 20:30 e 23:00 horas. Casa da Cultura (local de proxección do Cineclube Padre Feijóo). Cine: A candidata perfecta. Dir. Haifaa Al-Mansour. Arabia Saudí, 2019.

6-8 abril

10:00 a 13:00 horas. Concellería de Igualdade, rúa do Ensino, 24. Emocioteca: Libres e Iguais. Actividades lúdico-educativas para crianzas.

Deja un comentario