Mércores 08 de Abril de 2020

A concelleira asiste con persoal do Servizo de Extinción de Incendios á Feira Sicur


 

María Dibuja, concelleira de Seguridade Cidadá e Comercio, acompañada por persoal de Extinción de Incendios e Prevención de Riscos Laborais, desprazouse á Feira Internacional de Seguridade Sicur (Madrid) para coñecer, de primeira man, as últimas novidades do sector para a adquisición de novo material, equipamento e vehículos para o parque do Concello de Ourense logo da liberación das partidas de UNESPA dos anos 2015, 2016 e 2017. Proximamente liberaranse as de 2018 e 2019. Tamén se miraron novos medios e tecnoloxías para a Policía Local, xa que nos próximos meses convocaranse prazas para ambos servizos.

Deja un comentario