Martes 22 de Setembro de 2020

Colaboración entre o Concello e Cegasal para fomentar o emprego para persoas con discapadiade


calde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá na Alcaldía a José Antonio Vázquez Freire, presidente de Cegasal, a asociación empresarial galega de centros especiais de emprego sen ánimo de lucro, que ten como obxectivo fomentar a creación de emprego de calidade para as persoas con discapacidade.

O alcalde trasladoulle ao presidente da asociación a vontade do Concello de estudiar fórmulas de colaboración que permitan fomentar que as persoas con discapacidade podan acceder a un emprego no ámbito da administración local, para así conseguir un dobre obxectivo: acadar a súa integración sociolaboral e ao tempo prestarlle servizos á cidadanía. Neste senso, lembraron que hai anos, integrantes desta asociación xa realizaron traballos para o Concello de Ourense no mantemento, limpeza e desbroce no Parque de Montealegre.

Deja una respuesta