Mércores 08 de Abril de 2020

O Goberno Municipal defenderá no Pleno do Concello unha moción en defensa do mantemento da Sala 091 en Ourense


 

Partido Popular e Democracia Ourensana instan o Goberno do Estado a manter a Sala do 091 da Policía Nacional na Comisaría de Ourense e a aumentar os medios humanos e materiais cos que conta dita Comisaría provincial

 

O Goberno Municipal defenderá no Pleno do Concello do vindeiro 06 de marzo unha moción en defensa do mantemento do servizo policial da Sala 091 en Ourense.

Partido Popular e Democracia Ourensana asinan un texto conxunto no que instan o Goberno do Estado a manter a Sala do 091 da Policía Nacional na Comisaría de Ourense, e tamén a aumentar os medios humanos e materiais cos que conta a dita Comisaría provincial.

A moción, asinada polos portavoces municipais Flora Moure (PP) e Miguel Caride (DO), explica na súa exposición de motivos que na actualidade, a Comisaria de Ourense conta coa Sala do 091, en funcionamento 24 horas ao día, 365 días ao ano, que atende a máis de 100.000 veciños e veciñas na cidade de Ourense.

Esta sala é o órgano de coordinación operativa por excelencia, como servizo máis próximo á cidadanía, que recibe os avisos veciñais e distribúe os efectivos policiais, e está dotada de avanzados equipos de comunicacións e medios técnicos para afrontar con eficacia as situacións de emerxencia.

Na área de telefonía, axentes atenden as chamadas, recollen os datos precisos e activan de forma telemática os recursos necesarios para resolver a incidencia. O tempo medio de espera das persoas que solicitan o auxilio policial a través do 091 ata que a súa chamada é atendida sitúase en torno aos 6 segundos.

A zona de radio é a que recibe a información do suceso a través dos operadores e das operadoras e encárgase de contactar coas patrullas máis próximas ao lugar donde se require a presencia de axentes co obxectivo de diminuir os tempos de resposta policial.

Os operadores e as operadoras da sala do 091 son responsables de comisionar os servizos e requerimentos operativos ás unidades e dotacións en servizo. Tamén centralizan e dan resposta ás peticións e consultas ás bases de datos de interese policial solicitados por axentes en servizo, e transmiten as instruccións oportunas relativas ao cumprimento das normas de aplicación das ordes xudiciais de afastamento e protección das vítimas de violencia de xénero. Ademáis, dende este centro de operacións asúmese a coordinación operativa en caso de situacións de risco inmediato, emerxencias e dispositivos especiais.

Temos noticias a través dos Sindicatos Policiais e de veciños e veciñas ás que lles afecta de que o Goberno pretende trasladar á Coruña a Sala do 091 de Ourense (e tamén a de Lugo), o que mermaría de maneira importante o movemento e eficacia deste servizo perxudicando a seguridade da nosa cidade, debido á cercanía e ao coñecemento que deben ter os e as axentes da zona de influencia. Sendo este un servizo que require de proximidade para que o tempo de reacción sexa o máis rápido posible, cun coñecemento exacto de cada rincón de Ourense.

Así mesmo, a Comisaría de Policía Nacional de Ourense conta cun déficit de 49 axentes, o cal fai necesario e urxente cubrir o total da plantilla.

Por todo isto, a proposta de acordo que se someterá a debate e aprobación por parte do Pleno de Ourense, é a seguinte:

Instar o goberno do Estado a manter a Sala do 091 da Policía Nacional na Comisaría de Ourense, e tamén a aumentar os medios humanos e materiais cos que conta dita Comisaría provincial.

Deja un comentario