Mércores 08 de Abril de 2020

O alcalde asina un decreto para a contratación inmediata dun Dj que estará esta noite na confluencia das rúas Lepanto e Juan de Austria


 

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asinou esta mañá un decreto (ante a dilación de técnicos cuxos tempos o impediron o sábado pasado), para dispoñer de forma inmediata a contratación dun DJ que estará esta noite de Luns de Entroido, ás 0:30 horas, na confluencia das rúas Lepanto e Juan de Austria, xunto á catedral.

Tamén haberá 6 charangas amenizando a festa: dúas itinerantes e catro fixas, que estarán na Praza do Ferro, a Praza do Correxidor, a Praza do Trigo e xunto á igrexa de Santa Eufemia.

Deja un comentario