Sábado 26 de Setembro de 2020

Manuel Baltar: “o PP de Ourense está preparado para a cuarta maioría absoluta consecutiva en Galicia”


 

Coa presenza do presenza do presidente do PPdeG e candidato á presidencia da Xunta de Galicia nas eleccións autonómicas do 5 de abril, o presidente provincial definiu a Feijoó como “o punto de encontro da moderación e do progreso, a persoa e o político que representa a estabilidade, acreditado por once anos de goberno e sendo un referente en España”

 

“O Partido Popular de Ourense está preparado para a cuarta maioría absoluta de Galicia”, afirmou hoxe o presidente provincial do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, na súa intervención diante dos membros da xunta directiva da formación, que esta tarde contou coa presenza do presidente do PPdeG e candidato á presidencia da Xunta de Galicia nas eleccións autonómicas do 5 de abril, Alberto Núñez Feijoó.

A 49 días das eleccións do 5 de abril, Baltar defendeu a candidatura de Núñez Feijoó sinalando que “apoiamos a un ourensán que demostrou en todos estes anos que é o mellor político de España, avalado sempre por trunfos electorais”.

“Somos o partido de Galicia e presentamos como candidato ao presidente de Galicia”, subliñou o presidente provincial diante dos membros do máximo órgano entre congresos. Feijoó, engadiu, “é o punto de encontro da moderación e do progreso, a persoa e o político que representa a estabilidade, acreditado por once anos de goberno e sendo un referente en España”.

Manuel Baltar, que advertiu que non cabe deixar sitio á confianza e centrarse no traballo, incidiu en que o PP é o partido de Ourense e de Galicia, “e estamos en política para servir a Ourense e a Galicia; despois militamos no partido que cremos é o mellor para conseguir eses obxectivos”.

Deja una respuesta