Sábado 11 de Xullo de 2020

O Tribunal Supremo rexeita a pretensión dunha empresa que lle reclamaba unha indemnización ao Concello de algo máis de 1,2 millons de euros


Inadmite o recurso de casación relacionado coa ocupación dos terreos onde se construíu a residencia universitara, polo o que a cantidade será a que fixou o TSXG, 164.52,19 euros

A Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo desestimou o recurso de casación interposto pola mercatil Casas Ourense, relativa á indemnización pola ocupación temporal por parte do Concello, durante mais de 17 anos, onde se contruíu a residencia universitaria, e que estimaba en 1.247.112,59 euros máis os xuros, polo que ao final, e tal como establece a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a cantidade que se lle deberá indemnizar por parte do Concello áa mercantil ascende a 164.152,19 euros máis os xuros legais que corresponden dende a solicitude formulada en vía administrativa o 17 de decembro de 2013.

Por parte do Concello recoñecéraselle o dereito a unha indemnización, aínda que a valoración feita polo arquitecto municipal ascendía a 8.829,11 euros, por considerar a súa condición de “solo rural e en situacion de urbanizado”, coincidindo coa que tamén fixo, a través dunha resolución, o Xurado de Expropiación de Galicia o 17 de setembro de 2015, sobre a parcela de 5.232,60 metros cuadrados, ubicada na zona das Lagoas.

Deste xeito, a resolución xudicial libera o Concello de ter que aboar unha indemnización millonaria, como reclamara a mercantil, e quédase no importe económico que fixo o alto tribunal galego, despois de atender o recurso presentado pola empresa e dirimir as discrepancias existentes entre a estimación que se facia por parte do Concello e o Xurado de Expropiación

Deja una respuesta