Sábado 29 de Febreiro de 2020

O Concello inviste 45.000 euros na mellora dos vestiarios das brigadas municipais, no Campo da Feira


 

As brigadas municipais do Concello de Ourense contan con novas instalacións no Campo da Feira logo dun investimento de 45.452, 30 euros dos fondos da Concellería de Servizos Xerais para o arranxo de humidades e dotación de servizos básicos, como vestiarios segregados para homes e para mulleres. Tamén se melloraron as dúas oficinas administrativas nas que desenvolven o seu traballo as brigadas -de Perímetro rural, Mobiliario urbano, Infraestruturas, etc-. O concelleiro Manuel Álvarez supervisou esta mañá os novos servizos, moi demandados polos traballadores das brigadas.

Deja un comentario