Sábado 29 de Febreiro de 2020

Rosendo Fernández recibe a membros da Plataforma “Galicia en pe… na defensa do rural, Galicia Baleira”


O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, recibiu hoxe, no Pazo Provincial, á plataforma “Galicia en pe… na defensa do rural, Galicia Baleira”, unha iniciativa impulsada pola Federación de Asociacións de Veciños de Lugo e a Federación de Asociacións de Veciños de Ourense (Limiar). Tras presentarse nas diferentes administracións lucenses, os membros desta plataforma visitan hoxe as institucións ourensáns para facer visible a súa fundación e as súas demandas, presentando unha lista de medidas coas que contribuír na loita contra o despoboamento das zonas rurais.

Na xuntanza, o vicepresidente da Deputación de Ourense destacou a importancia que ten o despoboamento rural afirmando que se trata dunha “problemática que afecta a toda Europa e que ocupa a axenda política de todo o mundo”. Neste sentido, Rosendo Fernández expúxolles algunhas das medidas que se están a levar a cabo desde a Deputación de Ourense que conta cunha área específica de traballo dedicada ao Reto Demográfico. Neste apartado, “impulsamos iniciativas como o Proxecto EmprendOU para apoiar as iniciativas empresariais da mocidade ourensá nos concellos rurais en declive demográfico, co fin de contribuír a xerar emprego e asentar á xuventude no rural”.

Pola súa parte, o presidente da plataforma Galicia Baleira, Jesús Vázquez, e o presidente da Federación de Asociacións de Veciños de Ourense Limiar, Manuel Mosquera, explicáronlle ao vicepresidente da Deputación de Ourense que o obxectivo da plataforma é traballar coas institucións e facer achegas en positivo, como as diversas medidas que propoñen para intentar repoboar e lograr investimentos que doten de servizos e infraestruturas ao rural.

Deja un comentario