Martes 22 de Setembro de 2020

O alcalde reprocha á plataforma ProCAPD o intento “de impoñer ideoloxicamente” a súa postura sobre a xestión do futuro centro


Gonzalo Pérez Jácome lamenta a actitude dunha das representantes polos insultos e desconsideracións na xuntanza mantida esta mañá

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, lamenta a actitude dunha das representantes da plataforma ProCAPD, durante a reunión que mantiveron esta mañá no Concello, polo seu intento “de impoñer ideoloxicamente”, a súa postura relativa a xestión do futuro centro que se construirá en Ourense, xa que esta é unha competencia exclusiva da Xunta de Galicia. Neste senso, fai fincapé en que “os intereses políticos, como os demostrados por esta integrante da plataforma non poden pertubar a necesidade dun centro na que todos fomos na mesma dirección”.
Dese xeito, o rexedor, que rexeita as acusación vertidas de que non quería recibir os membros da plataforma, explicou as xestións que se realizan dende o Concello para axilizar a construción do centro, como son os informes que permitan a concesión de licenzas, no cal “non parecían estar moi interesados”, xa que a única intención que amosaron foi “un posicionamento ideolóxico de que a xestión fose pública”, lembrando sobre esta cuestión que “se trata dunha competencia da Xunta”, polo que o Concello “debe respetala”, sen que iso supoña que se poda manifestar a postura, coma así se fixo na Deputación a través de iniciativas levadas a pleno.
Pero o que denunciou o alcalde foi a actitude desa representante da plataforma, que exercía como portavoz, Elena Domínguez, que abandonou a reunión de “moi malos modos e insultándome”, mentres que as outras dúas persoas que formaban a representación da plataforma amosaban o seu desconcerto pola súa actitude. Sobre todo despois de que intentase “entrar pola forza” no despacho do alcalde despois de que puxera de manifesto que “ante a súa actitude agresiva e descualificadora non voltaría a recibila”, sen que iso afectase á relación fluída coas outras dúas persoas integrantes da plataforma.

Deja una respuesta