Venres 07 de Agosto de 2020

Manuel Baltar pide ao Goberno «solucións e non escusas» para pór ao día o financiamento local


 

O presidente da Deputación de Ourense, quen participou hoxe na reunión da Xunta de Goberno da FEMP, afirma que a cidadanía «non se merece ser perxudicada na merma de servizos e infraestruturas, aos que ten dereito en concellos e provincias. Un Goberno debe entender as necesidades da veciñanza e da administración local»

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, pediu hoxe ao Goberno, logo de participar na reunión da Xunta de Goberno da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), en Madrid, que achegue «solucións e non escusas» para pór ao día o financiamento local. O presidente afirma que a cidadanía «non se merece ser perxudicada na merma de servizos e infraestruturas, aos que ten dereito nos seus concellos e provincias», salientando que un Goberno «debe entender as necesidades da veciñanza e da administración local».Baltar solicita que se estableza «un calendario de actuacións concretas para avanzar nos asuntos clave da lexislatura», como o reinvestimento do superávit, a plusvalía municipal ou o financiamento local, «asuntos que se o presidente do Goberno non pode abordar que o faga a ministra de Política Territorial e Función Pública, que supoño lle dedicará máis tempo a eses temas».O presidente do goberno provincial de Ourense fala da «imperiosa necesidade» de planificar, algo do que adoece o Goberno do Estado. «A máxima principal da boa xestión de toda administración pública é precisamente esa: a previsibilidade», afirma Manuel Baltar, quen insiste en que é preciso que haxa un calendario de prazos e actuacións cunha serie de iniciativas que permitan dinamizar a economía dos municipios; que se desbloquee dunha vez a situación, agora xa que non hai escusas de interinidades no Goberno de España».»Non hai un asunto máis importante para a economía dos concellos –remarca Baltar-, polo que, abonda xa de dilacións e cómpre máis consenso, altura de miras e sentido de estado».

Deja una respuesta