Sábado 28 de Novembro de 2020

Seis obradoiros gratuítos para público infantil e adulto no parque de Montealegre para fomentar o coidado da Natureza e promocionar este espazo verde e de lecer


Están dirixidos a dous clases de público: o adulto, os sábados ás 15:00 horas, e o infantil (+6 anos), os domingos ás 11:00 horas.

O Concello de Ourense ofrece seis obradoiros gratuítos para o primeiro trimestre no Parque de Montealegre. O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Pumar, convida a todos os ourensáns “a coñecer o parque botánico e a participar nas actividades, accións formativas para fomentar o coidado da natureza e promocionar o espazo verde e de lecer máis grande da cidade”. Como vén sendo habitual, celebraranse os sábados ás 15:00 horas -público adulto- e os domingos ás 11:00 horas -público infantil, maior de 6 anos-.
Todos os obradoiros son completamente gratuítos, pero será preciso anotarse no espazo web botanicodemontealegre.com para o control do aforo, que será de 15 persoas.
• Sábado 15 de febreiro. Xabóns Naturais.
O uso de xabóns naturais é beneficiosos tanto para nós como para a natureza, xa que hoxe en día expoñémonos a numerosos axentes químicos, un habitual nos xabóns comerciais, están cheos de compoñentes sintéticos que non nos benefician para nada. E á súa vez estes produtos van parar á auga coa consecuencia destes axentes cheguen á natureza danando ecosistemas. Tamén axudamos a reciclar aceite, un produto problemático para refugar.
• Domingo 23 de febreiro. Xogos e pintacaras para Entroido.
A preservación de tradicións locais é fundamental para non perdelas e que as seguintes xeracións poidan gozalas. Con este obradoiro achegamos a rapazada á reciclaxe dunha forma divertida, á vez que manter unha tradición.
• Sábado 29 de febreiro. Aceites esenciais.
Cos aceites esenciais podemos aproveitar todas as propiedades beneficiosas das plantas medicinais. É a forma máis segura de saber o que usamos, á vez que é algo agradable e satisfactorio. A previa recolección das plantas para o aceite serve de terapia relaxante e terapéutica.

• Domingo 1 de marzo. Mini horta na casa.
Que os máis pequenos se fagan cargo de plantas, preparalos e conciencialos de que con constancia se obteñen resultados. Crea un costume de bos hábitos e, á súa vez, motívanse a probar as verduras se as plantaron eles mesmos.
• Sábado 28 de marzo. Xogos en equipo (todas as idades).
Unha boa forma de pasar o tempo libre na natureza é con xogos que nos fagan rir, o que é moi beneficioso contra a tensión. Ao facer xogos onde participan e colaboran nenos e adultos, estes aprenden uns dos outros.
• Domingo 29 de marzo. Portafotos árbore con pasta de sal.
As manualidades axudan ao desenvolvemento do cerebro e á axilidade das mans. Mentres se divirten, desenvolven habilidades e aprenden a crear os seus propios xoguetes e adornos sen necesidade de incentivar o consumismo.

Deja una respuesta