Sábado 26 de Setembro de 2020

A Policía Local controlará desde mañá, 30 de xaneiro, o acceso restrinxido de vehículos á rúa da Concordia


Instalarase sinalización vertical para advertir os usuarios, eliminaranse os parquímetros e inutilizaranse os semáforos da entrada e saída.

A rúa da Concordia é, desde primeira hora de mañá, xoves 30 de xaneiro, unha rúa de acceso restrinxido a vehículos: só poderán pasar vehículos cara aos dous aparcadoiros, cara aos garaxes particulares, e os vehículos que realicen labores de carga e descarga. A Policía Local colocará senllas patrullas ao inicio e remate da rúa, que ademais de informar, vixiarán o acceso de vehículos.
Durante o día de hoxe, o Concello instalará sinalización vertical que substitúa os cadros semafóricos emprazados ao inicio da rúa e ao final, no cruce coa rúa Santo Domingo. Tamén se eliminarán os parquímetros da zona ORA, xa que os aparcamentos da rúa Concordia estarán, desde mañá, reservados aos vehículos de carga e descarga. As dúas prazas reservadas para usuarios con mobilidade reducida instaladas na parte alta da rúa Concordia desprazaranse ao tramo final da rúa Ramón Cabanillas.
Os tramos alternativos propostos para acceder á Avenida de Bos Aires son Xoán XXIII e Bedoya.
O Concello de Ourense pretende humanizar o centro da cidade e facilitar unha mellor mobilidade para os peóns, que gañan espazo de seu.

Deja una respuesta