Mércores 22 de Xaneiro de 2020

O Concello de Ourense aposta polas novas tecnoloxías no Centros Cívicos da cidade


O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, anuncia que se colocarán ordenadores con conexión a internet para que as persoas maiores poidan acceder a todo tipo de información.

O Concello de Ourense ten previsto un cambio para a mellora dos medios cos que contan os centros cívicos da cidade, e que pasa por una aposta polas novas tecnoloxías. Deste xeito, o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, anuncia que manterá a retirada de xornais en papel para “evolucionar cara ao mundo dixital”, o que leva consigo prover con diversos ordenadores con conexión a Internet.
Entende o alcalde que esta é unha forma de “axudar as persoas maiores que acoden aos centros a superar a brecha dixital”, para que poidan “afacerse a estes novos sistemas”, por entender que “xa non son o futuro, senón o presente”. De este xeito, entende que supón un “importante cambio”, máis aló de contar cos xornais, coma até o de agora.
Para o rexedor, o importante é que “todos os usuarios dos centros cívicos poidan “familiarizarse cas noas tecnoloxías de comunicación”, e sobre todo, que poidan ter acceso a toda información que precisen.

Deja un comentario