Luns 25 de Maio de 2020

A comisión municipal busca unha solución transversal ao problema dos ruídos no centro histórico


 

A nova reunión deste equipo de traballo, formado por representantes de todos os grupos políticos, asociación veciñais e hostaleiros, responde ao compromiso da concelleira de Urbanismo anunciado no pleno do pasado 4 de novembro.

A comisión municipal para buscar unha solución transversal ao problema dos ruídos no Centro Histórico reuniuse hoxe, por segunda vez, na sede da Concellería de Urbanismo, tal e como comprometera a concelleira delegada, Sonia Ogando, no pleno do pasado 4 de novembro. Este equipo de traballo, formado por integrantes de todos os grupos políticos, por asociación veciñais e por representantes dos hostaleiros, está funcionando desde o pasado 3 de decembro.
“Imos polo bo camiño, con vontade de chegar a puntos de encontro para buscar unha solución global á problemática que lle afecta de xeito máis acusado á zona monumental. Desde a Concellería de Urbanismo estase traballando con intensidade, incoando expedientes de caducidade de licenzas e intensificando o control dos sonómetros -mediante unha providencia ditada pola concelleira-, e está sobre a mesa a posibilidade de incrementar as contías das sancións”, recalca a concelleira Sonia Ogando.
A concelleira fixo fincapé na comisión desta mañá que o tema dos ruídos “non debe circunscribirse só á Hostalaría, senón que é un problema global no que están implicados moitos máis axentes”. Do mesmo xeito, Sonia Ogando recalca que se están levando a cabo comisións individualizadas que confluirán de xeito global en conclusións que buscan, ante todo, harmonizar a convivencia e garantir os dereitos de todos os que viven e desenvolven as súas actividades comerciais no Centro Histórico.

Deja una respuesta