Mércores 12 de Agosto de 2020

O Concello porá en marcha unha liña circular para dar servizo á nova Biblioteca Pública, en San Francisco


A modificación do percorrido da actual Liña 18 podería darlle servizo, tamén, a outras dotacións da cidade, caso do Pavillón dos Remedios, o novo edificio xudicial ou o Centro de Saúde do Couto.

O concelleiro de de Infraestruturas, Mobilidade e Transporte, Miguel Caride, xunto con representantes da empresa Urbanos de Ourense, están a traballar na implantación dunha liña circular mediante a modificación do percorrido da actual Liña 18 á fin de darlle servizo á nova Biblioteca Pública e ao complexo cultural de San Francisco. Esta liña quere ampliarse a outras dotacións da cidade coma o Pavillón dos Remedios, o novo edificio xudicial e o Centro de Saúde do Couto.

Agárdase que a liña poida empezar a prestar servizo inmediatamente e manterase, coma o resto das liñas, até a nova adxudicación do transporte colectivo de viaxeiros, no que se revisarán as diferentes rutas e demandas.

A nova liña circular terá o seguinte percorrido: Parque de San Lázaro, Pavillón dos Remedios, Edificio Xudicial – Centro de Saúde O Couto, Pardo de Cela, Progreso, Posío – Rúa Coruña, Pena Trevinca, Biblioteca – Complexo de San Francisco, A Milagrosa, Rúa Emilia Pardo Bazán, Avenida da Habana e Parque de San Lázaro.

Poderíanse incorporar tres vehículos a esta nova ruta para mellorar, na medida do posible, as frecuencias de paso dos autobuses. A posta en marcha do servizo será informada oportunamente tanto polo Concello de Ourense como pola empresa concesionaria do transporte urbano na cidade.

Deja una respuesta