Martes 14 de Xullo de 2020

Continúa o traballo do grupo de seguimento para aprobar a ordenanza que regulará o consumo de alcohol en Ourense


A concelleira de Política Social, Igualdade e Saúde, Eugenia Díaz Abella, reuniu de novo os grupos políticos e o presidente da Federación de AAVV Limiar para compilar as achegas ao texto da Ordenanza Reguladora da Convivencia Cívica e a Protección da Saúde derivada do consumo, venda e publicidade do alcohol, a “ordenanza do botellón”

Esta mañá celebrouse a segunda reunión da comisión de seguimento constituída o pasado 26 de novembro por iniciativa da Concellería de Política Social, Igualdade e Saúde coa fin de aprobar a ordenanza que regule o consumo de alcohol nas rúas de Ourense.
A concelleira Eugenia Díaz Abella reuniu hoxe de novo os grupos políticos e o presidente da Federación de AAVV Limiar, Manuel Mosquera, para compilar as achegas ao texto -xa redactado no anterior mandato, pero sen apoios necesarios para a súa aprobación- da ‘Ordenanza reguladora da convivencia cívica e a protección da saúde derivada do consumo, venta e publicidade do alcohol’, a coñecida popularmente como “ordenanza do botellón”.

Deja una respuesta