Mércores 22 de Xaneiro de 2020

O grupo popular reclamará que Pedro Sánchez explique no Congreso o verdadeiro significado dos pactos con ERC e Bildu


 

A iniciativa popular, para o seu debate no pleno de xaneiro, ten como obxectivo coñecer o alcance dos acordos asinados cos independentistas e populistas, rexeitando “a actuación dun presidente que pactou con aqueles que só queren acabar co consenso institucional e a igualdade de todos os españois”.

O Partido Popular pedirá a todos os grupos parlamentarios e aos seus deputados, como lexítimos representantes dos españois, que esixan a comparecencia de Pedro Sánchez no Congreso para explicar o verdadeiro significado dos pactos alcanzados con ERC e Bildu, reclamando tamén ao presidente do Goberno que rache con estes acordos. Así consta na moción que o grupo provincia popular ven de rexistrar para o seu debate no pleno ordinario de xaneiro, previsto para o próximo día 31.
A iniciativa popular ten como obxectivo coñecer o alcance dos acordos asinados cos independentistas e populistas, rexeitando “a actuación dun presidente que pactou con aqueles que só queren acabar co consenso institucional e a igualdade de todos os españois”.
Malia a obriga legal e moral de “gardar e facer gardar a Constitución”, Pedro Sánchez fixo unha serie de afirmacións abertamente contrarias a principios básicos recollidos na Carta Magna, así como outras importantes disposición do ordenamento xurídico, polo que compre coñecer as verdadeiras intencións deses acordos.

Uns pactos, lembra o PP a modo de exemplo, que pretenden “impulsar as reformas necesarias para adecuar as estruturas do Estado ao recoñecemento das identidades territoriais”, medidas que “serán sometidas no seu caso a validación democrática a través de consulta á cidadanía de Cataluña”.
Sánchez e o PSOE, subliñan os populares, non poden ampararse en que todas estas afirmacións son “simples recursos dialécticos”, cando os portavoces dos independentistas e populistas deixaron claro que queren falar de anmistía, autodeterminación, de modificación o seu xeito do ordenamento xurídico ou de fraude da democracia española, gravísimas afirmacións sobre as que gardaron un bochornoso silencio.
A moción que o grupo provincial popular presentará no pleno de xaneiro inclúe catro acordos, nos que se insta ao Presidente do Goberno para romper os seus pactos con ERC e Bildu; pedir a todos os grupos parlamentarios que soliciten a comparecencia de Sánchez para ser interpelado sobre o verdadeiro significado dos acordos (en concreto sobre seis aspectos relacionados coa xustiza, unha posible modificación da Constitución, o control dos medios de comunicación e mesmo co ensino); tamén instar aos grupos parlamentarios no Congreso a que presenten unha moción para rexeitar a actuación do Presidente do Goberno, dando traslado do posicionamento da institución provincial ao Congreso, aos partidos alí representados e á Comisión de Peticións do Congreso en virtude do artigo 77 da Constitución.

Deja un comentario