Sábado 01 de Outubro de 2022

O Concello aproba convenios con seis entidades sociais e sanitarias por importe de 215.000 euros


Entre as asociacións beneficiarias están AFAOR, ATOX, o Banco de Alimentos ou o Comité Cidadán Antisida

O Concello de Ourense aprobou, en sesión extraordinaria de xunta de goberno local celebrada esta mañá, convenios de colaboración con seis entidades dos ámbitos dos asuntos sociais e da sanidade. En total, os importes dos diferentes convenios suman 215.000 euros. Así, este órgano executivo dálle luz verde á Concellería de Política Social, Igualdade e Sanidade para asinar convenios de colaboración coas seguintes asociacións e para os seguintes conceptos.
• Asociación de familiares de enfermos de alzhéimer e outras demencias de Ourense (AFAOR), para o financiamento dos “Obradoiros de estimulación cognitiva” e de “Axudas Técnicas” para enfermos de alzhéimer e outras demencias de Ourense”, 25.000 €
• Banco de Alimentos, para financiamento da actividade de captación, clasificación e distribución gratuíta de alimentos para os colectivos e as persoas necesitadas ou en risco de exclusión social, 15.000 €
• Cáritas Diocesana, para o financiamento do Comedor Social, 125.000 €
• Asociación de Axuda ao Toxicómano (ATOX), para o desenvolvemento do programa de piso de acollida para a incorporación social no ano 2019, 25.000 €
• Fundación Monte do Gozo – Proyecto Hombre, para o desenvolvemento do programa de actividades de rehabilitación e inserción socio laboral en réxime residencial de condutas adictivas en 2019, 25.000 €

Deja una respuesta