Martes 13 de Abril de 2021

A Deputación de Ourense, Endesa e o Concello de Viana do Bolo farán posible a reparación da estrada de San Agustín


Esta actuación materializouse hoxe, no Pazo Provincial, coa firma dun convenio de colaboración entre as entidades implicadas que permitirá a cesión en propiedade da titularidade das estradas de San Agustín, San Agustín-Encoro das Pías por Cepedelo e da estrada Prada-Celavente, ao concello de Viana do Bolo, así como a súa reparación condicionada á achega económica de Endesa

Ourense, 27 de decembro de 2019.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asinou hoxe, no Pazo Provincial, un convenio de colaboración co alcalde de Viana do Bolo, Secundino Fernández; e co director xeral territorial Zona Noroeste de Endesa, Miguel Temboury, para a cesión en propiedade da titularidade das estradas de San Agustín, San Agustín-Encoro das Pías por Cepedelo e a estrada Prada-Celavente, ao concello en función do termo municipal polo que discorre, así como para a reparación e acondicionamento do mesmo.Coa sinatura deste convenio «damos cumprimento ao compromiso que adquirimos coa comisión pola estrada de San Agustín de colaborar con eles na negociación coa empresa eléctrica, titular da estrada, para resolver esta vella problemática, e lograr así a cesión da titularidade deste treito ao concello, así como a reparación e o acondicionamento do mesmo», explicou Manuel Baltar.O presidente da Deputación de Ourense expuxo que o obxectivo desta colaboración é «cumprir co compromiso que tiña o goberno provincial coa veciñanza da zona, axudando económica e tecnicamente na solución desta situación». Por elo, logo dun extenso proceso de negociación valorouse que a Deputación de Ourense non podía asumir a totalidade da titularidade desta estrada dado que os camiños non reúnen as características técnicas mínimas para prestar o servizo público viario, segundo os informes realizados polo persoal da Deputación, polo que se acordou que o concello asumira a titularidade da mesma co compromiso de que Endesa achegara o 50% do custe total das actuacións necesarias para o acondicionamento dos viais, mentres que a Deputación comprometíase a asumir o 25%, e o concello o orzamento restante.No acto de sinatura do convenio tamén estiveron presentes concelleiros das forzas políticas do PP e do PSOE, como membros, algúns deles, da comisión pola estrada de San Agustín e propoñentes da solución adoptada.

Deja una respuesta