Venres 07 de Agosto de 2020

Resumo de acordos da xunta de goberno local correspondente ao 27 de decembro de 2019


A xunta de goberno local desta mañá tratou 19 asuntos presentados por diferentes áreas e servizos municipais, un deles fóra da orde do día.
Avogacía Consistorial (3). O Concello foi emprazado para comparecer diante do Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 en 2 procedementos interpostos por particulares. Un deles por unha sanción tributaria e o outro por un cobro de débedas polo IBI. Coñeceuse, ademais, unha sentenza favorable ao Concello ditada polo Contencioso-Administrativo 2 nun procedemento promovido pola Xunta de Galicia relativo a unha compensación de débedas.
Licenzas Urbanísticas (9). Acordouse conceder 5 licenzas, para o cambio da cuberta e da carpintería da fachada dun inmoble na rúa Viriato; para a execución dunha vivenda unifamiliar na rúa Cesáreo González; para a construción doutra vivenda unifamiliar na rúa de Ramirás, en Santa Cruz de Arrabaldo; para a remodelación dunha vivenda na rúa do Progreso; e para a construción doutra vivenda unifamiliar, na rúa B, en Ramirás.
Ademais, concedéronse 2 licenzas de obra, para a Diócese de Ourense, para adaptar un local como sala de reunións na rúa de Chano Piñeiro, e para adaptar un local para un centro de bronceado na rúa de Valle Inclán
Patrimonio (4). Requíreselle a unha compañía de seguros para que pague a cantidade de 198,43 euros polos danos que causou un vehículo en sinais e postes na rúa de Castelo Ramiro. Desestímanse tamén dúas reclamacións de responsabilidade patrimonial presentadas por particulares por dúas caídas na Praza do Santo Antonio e no parque de Penarredonda.
Por outra banda, a xunta de goberno acordou requirirlle a Desarrollos comerciales de ocio e inmobiliarios de Ourense, promotora do proxecto do centro comercial de Eroski na área de reparto Fonsillón- A Farixa, para que lle reintegre ao Concello de Ourense a suma de 147.737,99 €, de acordo coa sentenza ditada o día 24 de febreiro de 2017 polo Xulgado do contencioso-administrativo número 2 , e confirmada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en sentenza de 21 de maio de 2019.
Contratación (3). Adxudicouse o contrato do servizo de dirección de obra, dirección da execución da obra e coordinación de seguridade e saúde do proxecto básico e de execución da reforma e rehabilitación da Praza de Abastos número 1. O contrato adxudícaselle a Oikos Estudio, que presentou a oferta oferta economicamente máis vantaxosa: por un importe de 224.152,50 euros, IVE incluído, e oferta como mellora a contratación, a cargo do adxudicatario, de arqueólogo-director para a realización do proxecto de control arqueolóxico.
Adxudícaselle a Extraco, Construcións e Proxectos SA o contrato das obras do “proxecto de mellora de accesibilidade da rúa Arias Páez e zona de influencia”, tamén por resultar a oferta economicamente máis vantaxosa, por 212.743,41 euros, IVE incluído.
Estimáronse parcialmente as alegacións presentadas pola Asociación de Empresas de Gestión de Infraestructuras Verde (ASEJA) en relación ao prego de cláusulas administrativas particulares e a memoria correspondentes á contratación mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria dos servizos de mantemento e mellora das zonas verdes públicas do Concello de Ourense. Declárase tamén a desistencia do procedemento, xa que se detectaron erros no orzamento de licitación.
Xestión económica e orzamentaria (1). Aprobouse un recoñecemento extraxudicial de créditos. Se aproban 4 facturas, por un importe total de 864,62 euros, correspondentes a gastos realizados no exercicio 2018, que non puideron seguir a tramitación ordinaria para a súa aprobación no dito exercicio

Deja una respuesta