Martes 22 de Setembro de 2020

A Concellería de Medio Ambiente, en colaboración co Centro Comercial Aberto Ourense Centro, lanza un innovador modelo de xestión de residuos no período do Nadal, onde comprar pode saír gratis reciclando.


Esta actividade enmárcase nas accións desenvoltas na campaña “Recicla o Nadal” deseñada pola Concellería para estas festas do Nadal, onde sustentabilidade e comercio local son os protagonistas principais

 

A campaña Recicla o Nadal continúa presentando actividades. No día de hoxe, a Concellería de Medio Ambiente, en colaboración co Centro Comercial Aberto Ourense Centro, lanza un innovador modelo de xestión de residuos no período do Nadal, onde comprar pode saír gratis reciclando. O tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente Jorge Pumar afirma que o modelo deseñado conxuntamente ten un fin: “incentivar a reciclaxe e apostar polas vendas no comercio local, con especial atención aos máis novos xa que, con este tipo de iniciativas, pretendemos achegalos ao comercio de proximidade”.

A actividade está baseada nos modelos de xestión de residuos de países como Alemaña, Dinamarca ou Suecia, e consiste nunha compensación a cambio da reciclaxe directa, valorando o esforzo do cidadán responsable.

A iniciativa consiste na instalación dun equipo de “reverse vending”, nas Galerías Xesta da rúa Santo Domingo, que permite trocar botellas de plástico por participacións para un sorteo que se celebrará o 7 de xaneiro. Sortearanse 45 vales de 30 euros para trocar por produtos dos establecementos adheridos ao Centro Comercial Aberto Ourense Centro. Tras a lectura correcta do código de barras identificativo de cada botella, o equipo procederá a emitir a participación.

Ademais, como acción solidaria da campaña, os participantes poderán depositar tapóns nos contedores habilitados para a ocasión. Esta recollida de tapóns será cun fin solidario: axudar nas campañas da ONG Fundación Amigos de Galicia, que neste caso corresponde á campaña de recollida para beneficiar a Alexia, un bebé de 25 meses con parálise cerebral e que necesita equitación terapéutica para mellorar a súa psicomotricidade.

Esta iniciativa permitirá axuntar dous elementos de interese sustentable: a reciclaxe de plástico, un produto con forte impacto ambiental en caso de abandono en montes, ríos ou mares; e el consumo de produto local, un produto cercano e de gran calidade que xenera menor impacto de pegada de carbono no seu transporte.

Para Jorge Pumar, tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente do Concello de Ourense, este tipo de actividades son fundamentais para transformar a cidade nun exemplo de sustentabilidade. E aproveita para facerlle un chamamento a toda a cidadanía a coñecer este medio de xestión e a comprar no comercio local.

Deja una respuesta