Sábado 11 de Xullo de 2020

A Xunta colabora na adquisición de dous novos vehículos para o Consorcio provincial contra incendios de Ourense


A delegada territorial, Marisol Díaz Mouteira, explicou que as furgonetas se destinarán aos parques da Limia e de Verín

A delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, participou hoxe na presentación de dous novos vehículos de servizos varios (FSV) adquiridos polo Consorcio provincial contra incendios e salvamento de Ourense que se destinarán aos parques de bombeiros da Limia e de Verín. Esta nova adquisición vén a completar a dotación do parque móbil do Consorcio, sumándose aos dous vehículos entregados anteriormente aos parques de Valdeorras e O Carballiño-Ribeiro.

No acto tamén participaron o presidente do Consorcio, Pablo Pérez, o seu xerente, Celso Conde, xunto co xerente da Axega, Marcos Araújo. A delegada territorial explicou que a adquisición das novas furgonetas, que conta cun investimento de 300.000 euros con cargo aos orzamentos do Consorcio provincial contra incendios da provincia de Ourense, dos que a Xunta achega o 62,5 por cento, permitirá mellorar a dotación dos catro parques de bombeiros integrados no Consorcio provincial e así contribuír a ofrecer un servizo cada vez de mellor calidade aos ourensáns.

Os novos vehículos dispoñen de tracción integral 4×4 e están dotados con equipo de excarceración, kit de presión de auga, sinalización de emerxencias e equipo de comunicación TETRA, entre outras características. Polas súas características serán empregados para operacións de excarceracións en estradas e rescates en zonas illadas.

Deja una respuesta