Venres 14 de Agosto de 2020

O Concello de Ourense en colaboración coa Federación de comercio lanza un ambicioso plan de recollida de papel e cartón en toda a cidade


Coa chegada da campaña navideña porase en marcha un sistema novidoso de recollida de papel e cartón porta a porta a demanda dos comerciantes

A Concellería de Medio Ambiente en colaboración coa empresa concesionaria Ecourense dálle resposta á demanda dos comerciantes de Ourense de facilitarlles o acceso á recollida de papel e cartón comercial como mellora sustentable da cidade.

Jorge Pumar, tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente resalta que este plan permitirá darlle servizo a calquera empresa en calquera punto de Ourense, mellorando a xestión do cartón comercial, mellorar a estética das rúas e, sen dúbida, dar un salto cuantitativo e cualitativo na recollida de papel e cartón da cidade. Estas melloras só teñen un fin: mellorar a calidade de vida dos cidadáns e a sustentabilidade urbana da nosa cidade.

O servizo arrinca cunha chamada ao teléfono gratuíto 900 81 00 81 con horario de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 horas ou en atención continua ao número móbil 617 26 63 35, que acepta tanto mensaxería (Whatsapp) como chamada de voz. Por estes medios o comerciante pode solicitar o servizo de recollida completamente gratuíto e á porta do seu establecemento.

Para Pumar este novo servizo, próximo e cómodo, debe ser clave para a aposta por un Ourense sustentable. Ademais, para o concelleiro, esta actuación porta a porta permitirá mellorar a estética urbana da cidade ao recoller o cartón comercial en orixe e evitar almacenamentos innecesarios nas beirarrúas de Ourense.

Esta actuación súmase á visita personalizada, roteiros específicos polas áreas de maior densidade comercial para atender os comercios en horario e días de forma xeral. O servizo complementará o anterior, ao ofertar roteiros en horario e día para maior comodidade do comercio. Multiplicará os seus esforzos para alcanzar o cuádruplo de rúas das actuais, xa que non só atenderá o centro de Ourense senón tamén as principais rúas comerciais dos barrios.

Por último, en previsión de darlle resposta á maior demanda que a campaña de Nadal xera en relación á xestión do cartón, o servizo de recollida actual dobrará os seus medios para darlle atención adecuada ao conxunto da cidade. Para Jorge Pumar, este novo servizo ten un fin: axudar o comercio para reciclar e mellorar a sustentabilidade do conxunto da cidade.

Deja una respuesta