Xoves 05 de Decembro de 2019

A Deputación de Ourense aproba os programas provinciais de empregabilidade, mocidade e limpeza das marxes das redes viarias para o 2020


A institución provincial destinará un orzamento de 2.729.000 euros para cooperar cos concellos da provincia no mantemento dos servizos de competencia municipal, na realización de actuacións de limpeza nas redes viarias municipal e provincial e nas actividades desenvolvidas polos concellos en prol da mocidade

O pleno da Deputación de Ourense aprobou hoxe, na sesión ordinaria correspondente ao mes de novembro, os programas provincias de cooperación en materia de empregabilidade, mocidade e limpeza das marxes das redes viarias municipal e provincial para o exercicio 2020, para os que a Deputación destinará un orzamento de 2.729.000 euros. O programa provincial de cooperación cos concellos de menos de 20.000 habitantes e a entidade local menor de Berán pretende contribuír ao sostemento económico dos servizos de competencia municipal posibilitando o complemento dos recursos humanos necesarios co dito fin. Para este programa, a Deputación destina un orzamento de 1.830.000 euros, sendo a contía máxima para cada concello de 20.000 euros e no caso de Berán de 10.000 euros.

Pola súa parte, o programa de cooperación cos concellos de menos de 20.000 habitantes e a entidade local menor de Berán en materia de mocidade pretende contribuír no financiamento de aquelas actividades desenvolvidas polos concellos en prol da mocidade no exercicio 2020. A contía máxima da axuda concedida a cada concello é de 6.000 euros (3.000 euros no caso de Berán), sendo o orzamento total destinado a este programa de 549.000 euros.

A corporación tamén aprobou o programa provincial de cooperación cos concellos de menos de 20.000 habitantes e mancomunidades integradas por estes concellos, para a realización de actuacións de limpeza das marxes das redes viarias municipal e provincial no exercicio 2020. Con este fin, a Deputación destina un orzamento de 350.000 euros, sendo a contía máxima concedida a cada concello de 4.500 euros.

Por outra banda, o pleno aprobou un acordo en defensa das liberdades educativas consagradas na Constitución para garantir que sexan os pais, como primeiros responsables da educación dos seus fillos, os que escollan o tipo de educación e o centro educativo onde escolarizalos. Así mesmo, acordou defender a rede de centros concertados como garantes da existencia dunha oferta plural complementaria á rede pública e a liberdade de elección das familias. O acordo será trasladado ao Goberno de España.

A totalidade dos acordos do pleno foron os seguintes:

AUTORIZACIÓN DO USO DE VIDEO-ACTAS COMO DOCUMENTOS COMPLEMENTARIOS DAS ACTAS DE SESIÓN DE ÓRGANOS COLEXIADOS DA CORPORACIÓN

Acordo:

Autorizar, ao abeiro do establecido no artigo 2.4 do Decreto do Consello da Xunta 24/2018, de 15 de febreiro, sobre os libros de actas e resolucións das entidades locais galegas, a incorporación ás actas dos órganos colexiados da Deputación Provincial de Ourense do arquivo audiovisual da sesión, como documento complementario do documento electrónico escrito.

A incorporación realizarase mediante a inserción no documento electrónico escrito dun enlace directo ao documento audiovisual, que en todo caso será publicado na sede electrónica, xunto do documento escrito do que forma parte.

O documento audiovisual deberá cumprir os requisitos establecidos no artigo 2.4 do Decreto 24/2018, así como o Esquema Nacional de Seguridade e as normas técnicas aplicables aos documentos electrónicos aprobadas no seu desenvolvemento.

O documento escrito das actas do pleno deberá incorporar, para cada punto da orde do día, un breve resumo, elaborado polo secretario, do contido da opinión ou posición expresada por cada deputado que interveña na sesión.

No apartado de preguntas das sesións ordinarias do pleno, no documento escrito recollerase exclusivamente o contido das preguntas e as respostas correspondentes. Non será necesario recoller o resto de manifestacións que poidan producirse na formulación da pregunta ou da resposta, das que quedará constancia en todo caso no documento audiovisual.

No apartado de rogos, o documento escrito recollerá exclusivamente o contido dos rogos, e un resumo das intervencións no debate, de ser o caso. O documento escrito das actas dos órganos colexiados consignará igualmente as posibles incidencias que teñan lugar en cada sesión.

PARQUE DE BOMBEIROS DO POLÍGONO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS DA DEPUTACIÓN

Acordo:

1º) Aprobar inicialmente a Ordenanza fiscal xeral de contribucións especiais pola ampliación ou mellora do servizo de intervención en emerxencias do Parque de Bombeiros do Polígono de San Cibrao das Viñas da Deputación Provincial de Ourense, conforme co seguinte texto:

Artigo 1º.- Obxecto e fundamento legal.

1. Constitúe o obxecto da presente ordenanza fiscal a regulación xeral das contribucións especiais que poida impoñer a Deputación Provincial de Ourense, nos seguintes supostos:

a) Pola ampliación dos servizos de prevención e intervención en emerxencias do Parque de Bombeiros do Polígono de San Cibrán das Viñas, como consecuencia dos plans de investimentos neste parque. Para estes efectos, considerarase ampliación do servizo calquera investimento que supoña unha mellora da calidade das infraestruturas e dos equipamentos e vehículos do parque e do persoal ao seu servizo, ou un incremento das unidades de equipamento e vehículos adscritas ao servizo, así como as obras de reforma, ampliación ou gran reparación e a substitución de equipamentos e vehículos obsoletos, sen que sexa necesario que esas melloras impliquen a incorporación de novas prestacións no ámbito funcional do servizo. Considerarase equipamento calquera ben moble de carácter inventariable e de titularidade provincial que estea adscrito ao servizo de intervención emerxencias.

b) Polo establecemento de novos parques de bombeiros, que amplíen o ámbito territorial de actuación ou melloren a prestación do servizo no dito ámbito.

2. Os investimentos que se financien mediante contribucións especiais deberán recollerse nun plan de investimentos, que se aprobará previa ou conxuntamente co acordo de imposición e ordenación concreta das contribucións.

Os plans de investimentos poderán ter carácter plurianual, cun límite máximo de catro
anualidades para a súa completa execución.

3. A presente ordenanza fiscal se dita no exercicio da potestade tributaria que corresponde Deputación Provincial ao abeiro do establecido no artigo 6.2.b) da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia , así como do establecido no artigo 133 do Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais.

Artigo 2º. Feito impoñible.

O feito impoñible das contribucións especiais estará integrado polo especial beneficio obtido polos suxeitos pasivos pola ampliación dos servizos de emerxencia que presta o Parque de Bombeiros do Polígono de San Cibrán das Viñas ou o establecemento de novos parques de bombeiros, nos termos previstos no artigo 1.

O beneficio especial para os suxeitos pasivos prodúcese pola mera execución dos investimentos de que se trate, con independencia do grao de recepción ou utilización efectiva do servizo de prevención e intervención en emerxencias por parte dos suxeitos pasivos en cada anualidade.

As contías recadadas polas contribucións especiais só poderán destinarse a sufragar os gastos de investimento previstos no correspondente acordo concreto de imposición de contribucións especiais.

Artigo 3º. Suxeitos pasivos.

1. Son suxeitos pasivos das contribucións especiais reguladas na presente ordenanza as entidades aseguradoras que operen, no ámbito territorial de actuación do Parque de Bombeiros do Parque de San Cibrán das Viñas, no ramo 8 de seguros distintos ao de vida e riscos accesorios (ramo de incendios e elementos naturais), definido no Anexo X da Lei 20/2015, de 14 de xullo, de ordenación, supervisión ou solvencia das entidades aseguradoras e reaseguradoras.

A consideración de suxeitos pasivos destas entidades aseguradoras obedece á obtención pola súa parte dun beneficio especial derivado tanto da actividade de prevención como de actuación en sinistros que integra o servizo de intervención en emerxencias do Parque de Bombeiros de San Cibrán das Viñas, na medida en que estas actividades reducen a sinistralidade no ámbito territorial de actuación do servizo, tanto no relativo ao número de sinistros como aos danos causados por estes, o que reduce os custes económicos derivados das indemnizacións ás que teñen que facer fronte as aseguradoras do ramo.

2. Para estes efectos, o ámbito territorial de actuación do servizo de prevención e intervención en emerxencias do Parque de Bombeiros do Polígono de San Cibrán das Viñas corresponde aos municipios de San Cibrán das Viñas, Taboadela, Paderne de Allariz, Maceda, Baños de Molgas, Pereiro de Aguiar, Esgos e Nogueira de Ramuín. Non obstante o anterior, o dito ámbito de actuación poderá ampliarse no futuro. De se–lo caso, os acordos concretos de imposición e ordenación das contribucións especiais especificarán esta circunstancia, entendéndose ampliado o ámbito territorial de aplicación das contribucións aos municipios de que se trate.

Artigo 4º. Base impoñible.-

1. A base impoñible das contribucións especiais reguladas nesta ordenanza estará constituída, como máximo, polo noventa por cento do importe total dos investimentos previstos nos concretos acordos de imposición e ordenación de contribucións especiais que se diten ao seu abeiro. Os acordos concretos de ordenación fixarán motivadamente o importe da base impoñible en cada caso.

2. Non obstante o anterior, o importe estimado dos investimentos previstos en cada acordo terá carácter de mera previsión. Se o custe real da execución destes investimentos resultase maior ou menor do previsto, se tomará aquel para o cálculo das cotas correspondentes. Non será de aplicación esta regra no suposto en que a variación do custe dos investimentos consista nun incremento do seu orzamento que obedeza á súa modificación substancial por decisión da Deputación Provincial. Para estes efectos, entenderase por modificación substancial a introdución de novas obras ou subministracións non previstas no acordo inicial, ou a variación das características esenciais das ditas obras ou subministracións, calquera que sexa a súa causa. Sen prexuízo do anterior, o importe das modificacións substanciais poderá incluírse na base impoñible das contribucións mediante a modificación do correspondente acordo de imposición, sen que, en ningún caso, poida ter carácter retroactivo.

3. Nos supostos nos que a Deputación Provincial obteña subvencións ou donativos para a realización dos investimentos financiados con contribucións especiais, ou baixas na licitación dos ditos investimentos, a base impoñible se entenderá automaticamente modificada, reducíndose o importe das subvencións ou doazón ou das baixas obtidas da dita base. Igualmente se modificará a base impoñible no suposto en que o importe dos investimentos se reduza por calquera outra causa.

Artigo 5º. Cota tributaria.-

1. A base impoñible repartirase en proporción ás primas recadadas, no exercicio anterior e no ámbito territorial de actuación do Parque de Bombeiros, por cada entidade aseguradora contribuínte, e ata un máximo do 5 % das primas recadadas.

Para estes efectos, o importe das primas que se considerarán serán os establecidos na Disposición Adicional 14ª da Lei 20/2015, de 14 de xullo, de ordenación, supervisión e solvencia das entidades aseguradoras e reaseguradoras, ou norma que no futuro a substitúa. Na actualidade, estes importes son o 100 % das primas dos seguros de incendios e o 50 % das primas dos seguros multirriscos que inclúan o risco de incendios.

2. Os excesos sobre a cota máxima por anualidade trasladaranse aos exercicios sucesivos, ata a súa total amortización, incluíndose nas correspondentes liquidacións anuais.

3. Nos supostos en que un suxeito pasivo efectúe unha doazón á Deputación Provincial que poida ser utilizada para o financiamento das actuacións previstas no Plan, o importe da doazón reducirá, total ou parcialmente, a cota do doante. De existir un remanente da doazón tra–la dita compensación, este destinarase a reducir a cota dos restantes suxeitos pasivos, rateándose entre estes proporcionalmente.

Artigo 6º. Devindicación. Pagamentos a conta.

1. As contribucións especiais devindicaranse no momento da execución do plan de investimentos recollido no acordo concreto de imposición. Nos supostos en que os Plans de Investimentos teñan carácter plurianual, as contribucións devindicaranse cando se execute cada unha das anualidades do Plan, dando lugar á correspondente liquidación anual. Para estes efectos, e ao abeiro do disposto no artigo 33.1 do Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, cada anualidade do Plan considerarase unha fracción do investimento. Sen prexuízo do anterior, a Deputación Provincial liquidará provisionalmente, en cada anualidade, o importe da contribución especial correspondente a ese exercicio, en función do custe estimado no Plan, quedando obrigadas as entidades aseguradoras ao seu pagamento a conta no prazo de pagamento voluntario dende a súa notificación. Unha vez executado o investimento, e no prazo máximo de catro anos dende a data da súa efectiva recepción pola Deputación Provincial, procederase á liquidación definitiva, na que se compensarán os pagos anticipados a conta realizados.

Nos supostos en que os pagos a conta fosen realizados por unha entidade inexistente no momento da liquidación definitiva, esta xirarase á entidade que legalmente a suceda. No suposto de que os pagos a conta excedesen da liquidación definitiva, procederase á devolución de oficio do exceso, incrementado no tipo de xuro legal do diñeiro dende a data de ingreso do pago a conta. Igualmente, procederase á devolución de oficio no caso de que os pagos fosen realizados por quen non teña a condición de suxeito pasivo no momento da devindicación, sen prexuízo do previsto no parágrafo precedente para os supostos de sucesión de entidades.

Artigo 7º. Exencións e bonificacións.-

Non se recoñecerán en materia de contribucións especiais outros beneficios fiscais que os establecidos en disposicións con rango de Lei ou en tratados ou convenios internacionais. Agás que na norma que os estableza se dispoña o contrario, os titulares dos beneficios fiscais deberán solicitar a súa aplicación á Deputación Provincial, con expresa mención da normativa na que se funde o seu dereito. Cando se recoñezan beneficios fiscais nas contribucións especiais, as cotas que corresponderían aos beneficiarios ou o importe das bonificacións non poderán ser obxecto de distribución entre os demais suxeitos pasivos.

Artigo 8. Imposición e ordenación concreta das contribucións especiais.-

A exacción das contribucións especiais precisará a previa adopción, polo Pleno da Deputación Provincial, do acordo de imposición e ordenación en cada caso concreto. O acordo de imposición e ordenación adoptarase sobre a base dun plan de investimentos aprobado con carácter previo ou simultáneo, e determinará a base impoñible e a súa distribución por anualidades en caso de plans plurianuais, suxeitándose en todo momento ás regras establecidas na presente ordenanza xeral. Nos supostos en que o ámbito territorial de actuación do Parque de Bombeiros de San Cibrán das Viñas se estendese a algún outro municipio, o acordo de imposición deberá precisar o seu concreto ámbito territorial aplicable.

Non poderá iniciarse a execución dos investimentos financiados con cargo a contribucións especiais ata que non se adopte o acordo de imposición e ordenación concreta correspondente. O acordo de imposición e ordenación concreta será obxecto de publicación no Boletín Oficial da Provincia e no portal de transparencia da Deputación Provincial, e se notificará individualmente aos suxeitos pasivos, se estes fosen coñecidos no momento da súa adopción.

No caso de que os suxeitos pasivos estean agrupados en entidades para a xestión das súas obrigas como contribuíntes que subscribisen un convenio de colaboración coa Deputación Provincial, o acordo notificarase ademais a estas entidades. Contra o acordo de imposición procederán os recursos establecidos no noso ordenamento.

Artigo 9º. Xestión, liquidación, inspección e recadación.

1. As contribucións especiais esixiranse en réxime de liquidación. A liquidación será practicada pola Deputación Provincial, aplicando as regras establecidas nesta ordenanza e no acordo de ordenación concreta, sobre a base da información sobre as primas das entidades aseguradoras que operen no ámbito territorial de aplicación e que fosen facturadas no exercicio inmediatamente anterior. Esta información será proporcionada polo Consorcio de Compensación de Seguros, ao abeiro do establecido na Disposición Adicional 14ª da Lei de Ordenación, Supervisión e Solvencia das Entidades Aseguradoras e Reaseguradoras. As liquidacións expresarán a cota individualizada que corresponda a cada suxeito pasivo, e notificaranse individualmente, ou a través da entidade xestora que poidan constituír os suxeitos pasivos, conforme ao previsto no apartado seguinte deste artigo.

2. A Deputación Provincial poderá subscribir convenios de colaboración con entidades constituídas polas entidades aseguradoras para o cumprimento das súas obrigas tributarias. Estas entidades poderá asumir a representación dos suxeitos pasivos para todas as actuacións que lles correspondan na xestión tributaria das contribucións, incluída a realización dos pagamentos, e en tal caso terán a consideración de interesadas no expediente a tódolos efectos, entendéndose exclusivamente con elas os procedementos de xestión e recadación, en tanto non conste a revogación da representación conferida polos suxeitos pasivos.

3. A xestión, liquidación, recadación e inspección das contribucións especiais se realizará na forma, prazos e condicións que establece a Lei Xeral Tributaria e demais normas aplicables á xestión dos tributos locais.

Artigo 10º. Infraccións e sancións.

En materia sancionadora se aplicará o réxime establecido na Lei Xeral Tributaria e demais normativa aplicable aos tributos locais.

Disposición Final.

A presente Ordenanza entrará en vigor ao día seguinte ao da publicación do seu texto íntegro, definitivamente aprobado, no Boletín Oficial da Provincia.

2º) Someter o presente acordo de aprobación inicial ao trámite de información pública, por un prazo de trinta (30) días hábiles, mediante a inserción de anuncios no BOP de Ourense, na sede electrónica da Deputación en nun dos xornais de maior difusión da provincia, todo elo de conformidade co previsto no artigo 17 do Texto Refundido da Lei reguladora das facendas locais. Durante o dito prazo, as persoas interesadas poderán formular as reclamacións que consideren oportunas, as cales deberán ser resoltas polo pleno da corporación provincial, a través de acordo de aprobación definitiva. No caso de que non se formulasen reclamacións en prazo, o acordo de aprobación inicial elevarase a definitivo, sen necesidade de acordo plenario expreso.

RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS N.º 2/2019

Acordo:

Autorizar a imputación aos créditos de gasto do orzamento corrente de 2019, das obrigas correspondentes ás facturas que ascenden a un importe total de 464.807,06 euros.

EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DAS BASES DE EXECUCIÓN DO ORZAMENTO DO EXERCICIO 2019

Acordo:
1º.- Aprobar a modificación, no que se refire é especificación do capítulo IV e VII de gastos, experimentando a seguinte variación cualitativa:
a) Con cargo á aplicación orzamentaria 414.450.00 “Medio Rural. Xunta de Galicia”, prevíase unha subvención á “Xunta de Galicia” para “redacción plans de emerxencia por seca”. Modifícase esta determinación, pasando a integrar un programa de cooperación cos concellos beneficiarios de subvencións concedidas no exercicio 2019 por Augas de Galicia para a redacción de plans de emerxencia por seca emerxencia por seca, co detalle seguinte:

414.11/462.00 “Medio Rural. A Concellos”
Beneficiario Finalidade Importe máximo
Concello de Baños de Molgas Programa de cooperación para elaboración de plans de emerxencia por seca 3.750,00 €
Concello de Coles Programa de cooperación para elaboración de plans de emerxencia por seca 3.750,00 €
Concello da Teixeira Programa de cooperación para elaboración de plans de emerxencia por seca 3.750,00 €
Concello de Xunqueira de Espadanedo Programa de cooperación para elaboración de plans de emerxencia por seca 3.750,00 €
Concello de Lobeira Programa de cooperación para elaboración de plans de emerxencia por seca 3.750,00 €
Concello de Petín Programa de cooperación para elaboración de plans de emerxencia por seca 3.750,00 €
Concello de
Manzaneda Programa de cooperación para elaboración de plans de emerxencia por seca 3.750,00 €
Concello da Veiga Programa de cooperación para elaboración de plans de emerxencia por seca 3.750,00 €
Concello do Bolo Programa de cooperación para elaboración de plans de emerxencia por seca 3.750,00 €
Concello de Verea Programa de cooperación para elaboración de plans de emerxencia por seca 3.750,00 €
Concello de Rubiá Programa de cooperación para elaboración de plans de emerxencia por seca 3.750,00 €
Concello de Muíños Programa de cooperación para elaboración de plans de emerxencia por seca 3.750,00 €
Concello de Bande Programa de cooperación para elaboración de plans de emerxencia por seca 3.750,00 €
Concello de Vilamartín de Vadeorras Programa de cooperación para elaboración de plans de emerxencia por seca 3.750,00 €
Concello de Avión Programa de cooperación para elaboración de plans de emerxencia por seca 3.750,00 €

b) Con cargo á aplicación orzamentaria 414.11/750.00 “Medio Rural. Xunta de Galicia”, prevíase unha subvención á “Xunta de Galicia” para “tractores rozadoras” e por un importe de 170.000,00 euros. Baseándose nos convenios asinados coa Xunta de Galicia modifícanse os beneficiarios da subvención, que pasar a ser os concellos que se indican, e a apertura da aplicación orzamentaria
Beneficiario Finalidade Importe
Concello de Chandrexa de Queixa Tractores rozadoras 42.500,00 €
Concello de Xunqueira de Espadanedo Tractores rozadoras 42.500,00 €
Concello de Arnoia Tractores rozadoras 42.500,00 €
Concello de Muíños Tractores rozadoras 42.500,00 €

2º.- De acordo co artigo 169 da Lei reguladora das facendas locais, por remisión do artigo 177.2 do mesmo texto legal, o expediente será exposto ao público, tras o anuncio no Boletín Oficial da Provincia, por 15 días, durante os cales os interesados poderán examinalo e presentar reclamacións ante o Pleno. O expediente considerarase definitivamente aprobado se durante o citado prazo non se presentasen reclamacións.

PROGRAMA PROVINCIAL DE COOPERACIÓN EN MATERIA DE EMPREGABILIDADE PARA O EXERCICIO 2020

Acordo:

1.- Aprobar inicialmente as bases reguladoras do Programa provincial de cooperación cos concellos e a entidade local menor de Berán en materia de empregabilidade para o exercicio 2020.

Constitúe o obxecto das presentes bases a regulación do Programa provincial de cooperación cos concellos e a entidade local menor de Berán en materia de empregabilidade para o exercicio 2020. A finalidade deste Programa é a contribución ao sostemento económico dos servizos de competencia municipal e da entidade local menor de Berán posibilitando o complemento dos recursos humanos necesarios co dito fin, tanto a través das figuras contractuais propias da lexislación laboral como a través de contratos administrativos ou nomeamentos de persoal funcionario interino, de ser o caso, mediante a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o financiamento dos ditos contratos ou nomeamentos.

Poderán obter subvención no marco do programa regulado nas presentes bases os concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes e a entidade local menor de Berán, cando contraten persoal en réxime de dereito laboral, efectúen nomeamentos de persoal funcionario interino ou subscriban contratos administrativos, típicos ou especiais, con persoas físicas suxeitas ao réxime de autónomos, para a realización de actividades da súa competencia durante o exercicio 2020. Considéranse subvencionables as contratacións ou nomeamentos que se realicen a partir do 1 de xaneiro de 2020. Igualmente serán subvencionables as contratacións ou nomeamentos procedentes de anos anteriores que subsistan no exercicio 2020, exclusivamente en canto os custos devindicados a partir do 1 de xaneiro de 2020.

Terán a consideración de gastos subvencionables todos os que, tendo este carácter conforme coa lexislación vixente en materia de subvencións, financien as anteditas contratacións ou nomeamentos, incluíndo gastos salariais e de Seguridade Social, así como os honorarios ou contraprestacións económicas por servizos profesionais prestados por autónomos.

A subvención concedida a cada concello poderá acadar a contía máxima de 20.000,00 € e ata o 100% dos custos indisolublemente vinculados aos contratos ou nomeamentos subvencionados. A subvención concedida á entidade local menor de Berán poderá acadar a contía máxima de 10.000,00 € e ata o 100% dos custos indisolublemente vinculados aos contratos ou nomeamentos subvencionados.

O financiamento das subvencións reguladas no presente Programa realizarase con cargo á aplicación 46207/24111 dos orzamentos da Deputación Provincial de Ourense para o exercicio 2020, tramitándose con carácter anticipado o Programa ao abeiro do disposto no artigo 56.1 do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aprobou o Regulamento da Lei xeral de subvencións. Para estes efectos, serán de aplicación as seguintes regras especiais:

1ª) A execución do Programa queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Deputación Provincial para o exercicio 2020, tendo carácter puramente estimatorio a contía total máxima prevista nas presentes bases.

2ª) A contía total máxima estimada é de 1.830.000,00 €.

3ª) No expediente de gasto que se tramite para a aprobación do Programa, a certificación de existencia de crédito substituirase por unha certificación relativa á concorrencia dalgunha das circunstancias previstas no artigo 56.1 do RD 887/2006.

4ª) Os efectos de tódolos actos de trámite ditados no expediente de gasto entenderanse condicionados a que, ao ditarse a resolución de concesión, subsistan as mesmas circunstancias de feito e de dereito existentes no momento en que se produciron eses actos.

5ª) A resolución de concesión deberá ditarse no exercicio 2020, unha vez aprobado definitivamente e publicado na forma legalmente prevista o orzamento da Deputación Provincial para o dito exercicio.

6ª) Resolucións de adhesión ó programa e solicitudes de subvención: prazos, lugar de presentación e documentación a presentar: As resolucións de adhesión ó programa –que inclúen as solicitudes de subvención subscritas polo alcalde ou representante legal interesado, ou concelleiro no que delegue, irán dirixidas á Presidencia da Deputación Provincial e deberán presentarse no Rexistro Electrónico Xeral da Deputación, ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, consonte co modelo que se achega como anexo I a estas bases.

O prazo de presentación será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da data de publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia. O dito prazo terá carácter improrrogable. As solicitudes irán acompañadas dunha declaración do conxunto de axudas ou subvencións públicas solicitadas pola entidade ou que lle fosen concedidas para o financiamento das actividades para as que se solicita subvención que se presentará consonte co modelo que se achega como anexo II a estas bases.

2º.- Someter a trámite de información pública, mediante anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, as bases inicialmente aprobadas polo prazo de 10 días hábiles, durante os cales as entidades interesadas poderán formular as alegacións ou suxestións que consideren oportunas, que deberán ser resoltas motivadamente no acto de aprobación definitiva.

No caso de non formularse alegacións en prazo, entenderanse automaticamente aprobadas de forma definitiva, procedendo á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

PROGRAMA PROVINCIAL DE COOPERACIÓN PARA A REALIZACIÓN DE ACTUACIÓNS DE LIMPEZA DAS MARXES DAS REDES VIARIAS MUNICIPAL E PROVINCIAL NO EXERCICIO 2020

Acordo:

1.- Aprobar inicialmente as bases reguladoras do Programa provincial de cooperación cos concellos e mancomunidades para a realización de actuacións de limpeza das marxes das redes viarias municipal e provincial no exercicio 2020.

Constitúe o obxecto destas bases a regulación do programa de cooperación cos concellos e mancomunidades para a realización de actuacións de limpeza das marxes das redes viarias municipal e provincial no exercicio 2020.

Este programa desenvolverase mediante a concesión de subvencións ás ditas entidades locais para o financiamento da prestación de servizos de limpeza das marxes da rede viaria local. A finalidade da subvención é colaborar economicamente cos concellos e mancomunidades no sostemento do servizo público de limpeza das marxes da rede viaria municipal (prestación que se considera incluída no servizo mínimo obrigatorio de acceso aos núcleos de poboación, recollido no artigo 26 da Lei de bases de réxime local) e no cumprimento das obrigas establecidas na lexislación galega de prevención de incendios forestais. Esta colaboración condiciónase a que por parte dos concellos e mancomunidades se realicen labores de limpeza das marxes das vías provinciais e municipais, co obxectivo último de garantir o mantemento das vías en condicións axeitadas de limpeza e seguridade, dándolle ademais cumprimento ao establecido na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais.

Os servizos subvencionados poderán prestarse mediante calquera modo de xestión dos previstos na lexislación de réxime local, sendo subvencionables todos os gastos correntes directos do servizo. Exclúense os gastos de investimento e os indirectos, así como os definidos como non subvencionables nos apartados 7 e 8 do artigo 31 da Lei xeral de subvencións.

Poderán ser beneficiarios das subvencións previstas no presente Programa provincial de cooperación os concellos de menos de 20.000 habitantes e as mancomunidades integradas por estes concellos que cumpran os seguintes requisitos:

a) Prestar o servizo de limpeza das marxes da rede viaria municipal e provincial cunha máquina rozadora con brazo articulado, durante, polo menos, un período mínimo de tres meses no exercicio 2020. Este período mínimo deberá comprender, en todo caso, as datas nas que a Deputación estableza a limpeza obrigatoria dun número mínimo de quilómetros da rede viaria provincial, conforme co previsto na base sétima, apartado b). Nos supostos de períodos de prestación do servizo que non comprendan meses naturais completos, para o cálculo do cumprimento do período mínimo esixible computaranse os días naturais de prestación, considerándose un mes por cada trinta días naturais.

b) Adherirse ao presente Programa de cooperación no prazo e coas formalidades recollidas na base quinta.

O financiamento das subvencións reguladas no presente Programa realizarase con cargo á aplicación 16311/46200 dos orzamentos da Deputación Provincial de Ourense para o exercicio 2020, tramitándose con carácter anticipado o Programa ao abeiro do disposto no artigo 56.1 do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aprobou o Regulamento da Lei xeral de subvencións. Para estes efectos, serán de aplicación as seguintes regras especiais:

1ª) A execución do Programa queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Deputación Provincial para o exercicio 2020, tendo carácter puramente estimatorio a contía total máxima prevista nas presentes bases.

2ª) A contía total máxima estimada é de 350.000,00 €.

3ª) No expediente de gasto que se tramite para a aprobación do Programa, a certificación de existencia de crédito substituirase por unha certificación relativa á concorrencia dalgunha das circunstancias previstas no artigo 56.1 do RD 887/2006.

4ª) Os efectos de todos os actos de trámite ditados no expediente de gasto entenderanse condicionados a que, ó ditarse a resolución de concesión, subsistan as mesmas circunstancias de feito e de dereito existentes no momento en que se produciron eses actos.

5ª) A resolución de concesión deberá ditarse no exercicio 2020, unha vez aprobado definitivamente e publicado na forma legalmente prevista o orzamento da Deputación Provincial para o dito exercicio.

A contía das subvencións que se concedan ao abeiro deste Programa de cooperación será para o exercicio 2020 de 4.500,00 € por entidade local, con destino ao financiamento dos gastos subvencionables de prestación do servizo. A contía poderá ser inferior nos casos en que así se solicite expresamente pola entidade local interesada. En todo caso, a contía da subvención nunca poderá exceder do 100% dos gastos subvencionables soportados pola entidade beneficiaria, polo que se reducirá no importe correspondente para o caso de que o gasto xustificado no citado concepto sexa inferior a 4.500,00 €.

Os concellos e mancomunidades que desexen adherirse ao Programa de cooperación regulado nas presentes bases deberán facelo mediante resolución do órgano competente na que se aprobe a dita adhesión. A resolución deberá ter o contido que se recolle no anexo I destas bases, modelo que poderá utilizarse para documentar a dita resolución.

Coa solicitude deberase achegar unha declaración do solicitante da subvención na que figure o conxunto de subvencións e axudas solicitadas para o mesmo fin, tanto as aprobadas ou concedidas, como as pendentes, sexan públicas ou privadas, segundo o modelo anexo II. A resolución de adhesión deberá presentarse no Rexistro Electrónico Xeral da Deputación, ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O prazo de presentación será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da data de publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia. O dito prazo terá carácter improrrogable. A adhesión dos concellos ou mancomunidades autorizarase mediante decreto da Presidencia, no que se concederá a subvención correspondente ata un máximo de 4.500,00 euros. A resolución de autorización de adhesión deberá ditarse antes do 20 de marzo de 2020. Na dita resolución, ou ben noutra resolución posterior, concretaranse as obrigas de limpeza da rede viaria provincial ás que queda condicionada a concesión da subvención, conforme co previsto na base 7ª.

No suposto en que o número de solicitudes exceda as dispoñibilidades orzamentarias, a Presidencia concederá as subvencións por rigorosa orde de entrada no rexistro da Deputación. Para estes efectos, tomarase a data de entrada no Rexistro Xeral da Deputación da documentación íntegra de cada solicitude, e non se terá en conta a data de presentación de solicitudes incursas en deficiencias formais.

No caso de producirse remanentes con anterioridade ao 24 de abril de 2020 pola renuncia ou perda do dereito ás subvencións por parte dalgún beneficiario, a Presidencia, sen necesidade de proceder a unha nova convocatoria, poderá acordar a concesión da subvención que proceda ao seguinte ou seguintes solicitantes, por orde de entrada no rexistro da Deputación, tal e como se establece no parágrafo anterior.

2º.- Someter a trámite de información pública, mediante anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, as bases inicialmente aprobadas polo prazo de 10 días hábiles, durante os cales as entidades interesadas poderán formular as alegacións ou suxestións que consideren oportunas, que deberán ser resoltas motivadamente no acto de aprobación definitiva.

No caso de non formularse alegacións en prazo, entenderanse automaticamente aprobadas de forma definitiva, procedendo á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

PROGRAMA PROVINCIAL DE COOPERACIÓN EN MATERIA DE MOCIDADE PARA O EXERCICIO 2020

Acordo:

1º.- Aprobar inicialmente as bases reguladoras do Programa provincial de cooperación cos concellos e a entidade local menor de Berán en materia de mocidade para o exercicio 2020.

Constitúe o obxecto das presentes bases a regulación do Programa provincial de cooperación cos concellos e a entidade local menor de Berán en materia de mocidade para o exercicio 2020. A finalidade deste Programa é contribuír ó financiamento das actividades desenvolvidas polos concellos da provincia e a entidade local menor de Berán en prol da mocidade ó longo do exercicio 2020.

Poderán obter subvención no marco do programa regulado nas presentes bases os concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes e a entidade local menor de Berán, cando desenvolvan actividades en prol da mocidade durante o exercicio 2020.

Terán a consideración de gastos subvencionables todos os que, tendo este carácter conforme coa lexislación vixente en materia de subvencións, financien as anteditas actividades, sempre que fosen autorizados a partir do 1 de xaneiro de 2020.

A subvención concedida a cada concello poderá acadar a contía máxima de 6.000,00 € e ata o 100% dos custos indisolublemente vinculados ó desenvolvemento das actividades subvencionadas. A subvención concedida á entidade local menor de Berán poderá acadar a contía máxima de 3.000,00 € e ata o 100% dos custos indisolublemente vinculados ó desenvolvemento das actividades subvencionadas.

O financiamento das subvencións reguladas no presente Programa realizarase con cargo á aplicación 46211/24111 dos orzamentos da Deputación Provincial de Ourense para o exercicio 2020, tramitándose con carácter anticipado o Programa ó abeiro do disposto no artigo 56.1 do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aprobou o Regulamento da Lei xeral de subvencións. Para estes efectos, serán de aplicación as seguintes regras especiais:

1ª) A execución do Programa queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Deputación Provincial para o exercicio 2020, tendo carácter puramente estimatorio a contía total máxima prevista nas presentes bases.

2ª) A contía total máxima estimada é de 549.000,00 €.

3ª) No expediente de gasto que se tramite para a aprobación do Programa, a certificación de existencia de crédito substituirase por unha certificación relativa á concorrencia dalgunha das circunstancias previstas no artigo 56.1 do RD 887/2006.

4ª) Os efectos de tódolos actos de trámite ditados no expediente de gasto entenderanse condicionados a que, ó ditarse a resolución de concesión, subsistan as mesmas circunstancias de feito e de dereito existentes no momento en que se produciron eses actos.

5ª) A resolución de concesión deberá ditarse no exercicio 2020, unha vez aprobado definitivamente e publicado na forma legalmente prevista o orzamento da Deputación Provincial para o dito exercicio.

6ª) Resolucións de adhesión ó programa e solicitudes de subvención: prazos, lugar de presentación e documentación a presentar: As resolucións de adhesión ó programa –que inclúen as solicitudes de subvención- subscritas polo alcalde ou representante legal interesado, ou concelleiro no que delegue, irán dirixidas á Presidencia da Deputación Provincial e deberán presentarse no Rexistro Electrónico Xeral da Deputación, ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, consonte como modelo que achégase como anexo I a estas bases.

O prazo de presentación será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da data de publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia. O dito prazo terá carácter improrrogable. As solicitudes irán acompañadas dunha declaración do conxunto de axudas ou subvencións públicas solicitadas pola entidade ou que lle fosen concedidas para o financiamento das actividades para as que se solicita subvención que se presentará consonte como modelo que achégase como anexo II a estas bases.

2º.- Someter a trámite de información pública, mediante anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, as bases inicialmente aprobadas polo prazo de 10 días hábiles, durante os cales as entidades interesadas poderán formular as alegacións ou suxestións que consideren oportunas, que deberán ser resoltas motivadamente no acto de aprobación definitiva.

No caso de non formularse alegacións en prazo, entenderanse automaticamente aprobadas de forma definitiva, procedendo á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

PROGRAMA PROVINCIAL DE COOPERACIÓN PARA A ELABORACIÓN DE PLANS DE EMERXENCIA POR SECA

Acordo:

1º.- Aprobar inicialmente as bases reguladoras do Programa provincial de cooperación para a elaboración de plans de emerxencia por seca, complementario das axudas concedidas con dito fin por Augas de Galicia en virtude da convocatoria publicada no DOG nº.118, do 24 de xuño de 2019.

Constitúe o obxecto destas bases a regulación dun programa de cooperación para a elaboración de plans de emerxencia por seca, destinado exclusivamente ós concellos da provincia de Ourense relacionados no punto terceiro desta cláusula, co fin de complementar as axudas concedidas a aqueles con dita finalidade por Augas de Galicia en virtude da convocatoria publicada no DOG nº.118, do 24 de xuño de 2019. O obxectivo do programa é que as entidades locais beneficiarias dispoñan dun instrumento básico de planificación para xestionar os posibles episodios de seca, de tal xeito que se garanta o abastecemento á poboación e se fomente o emprego eficiente dos recursos hídricos.

Para ser subvencionables, os plans de emerxencia por seca deberán ter un contido acorde ó disposto no artigo 7 da Lei 10/2001, do 5 de xullo, do Plan hidrolóxico nacional, nas demais disposicións legais e regulamentarias de aplicación e nos plans de seca das correspondentes demarcacións hidrográficas.

En todo caso, o seu contido incluirá, como mínimo:

a) Unha descrición e un diagnóstico do sistema de abastecemento, con indicación dos recursos dispoñibles, as áreas de captación e as demandas de auga.

b) A determinación das zonas máis vulnerables en caso de seca e dos usos da auga máis relevantes desde o punto de vista económico e social, coa identificación da poboación, os condicionantes ambientais, os principais elementos do patrimonio natural e actividades estratéxicas que poderían verse afectados.

c) Un sistema de indicadores e escenarios coherente co recollido no correspondente plan de seca da súa demarcación hidrográfica.

d) As medidas de xestión a adoptar en cada un dos distintos escenarios incluídos.

e) A previsión dunha subministración alternativa ante situacións de escaseza temporal, razoable e proporcional ás concretas circunstancias que potencialmente se poidan producir nestas situacións e á súa duración.

f) As actuacións que se considere necesario executar para garantir o abastecemento á poboación durante un episodio de seca, incluídas as obras de captación e condución que sexan precisas.

Este programa desenvolverase mediante a concesión de subvencións ós concellos que seguidamente se relacionan, co fin de complementar o financiamento das actividades necesarias para acadar o obxectivo proposto: Baños de Molgas, Coles, A Teixeira, Xunqueira de Espadañedo, Lobeira, Petín, Manzaneda, A Veiga, O Bolo, Verea, Rubiá, Muíños, Bande, Vilamartín de Valdeorras e Avión.

As actuacións subvencionadas poderán realizarse mediante calquera modo de xestión dos previstos na lexislación de réxime local, sendo subvencionables todos os gastos directos do servizo. Exclúense os gastos indirectos, así como os definidos como non subvencionables nos apartados 7 e 8 do artigo 31 da Lei xeral de subvencións.

Terán a consideración de gastos subvencionables todos os que, tendo este carácter conforme coa lexislación vixente en materia de subvencións, financien as anteditas contratacións, incluíndo gastos salariais e de Seguridade Social, así como os honorarios ou contraprestacións económicas por servizos profesionais prestados por contratistas.

A contía das subvencións concedidas ao abeiro deste Programa de cooperación será de 3.750,00 € por entidade local, sen prexuízo de que dito importe poderá reducirse nos casos en que así se solicite expresamente pola entidade local interesada. En todo caso, a contía da subvención nunca poderá exceder do 20% dos gastos subvencionables soportados pola entidade beneficiaria, polo que se reducirá no importe correspondente cando resulte procedente.

O financiamento das subvencións reguladas no presente programa realizarase con cargo á aplicación 414.11/450.00, dos orzamentos da Deputación Provincial de Ourense para o exercicio 2019.

O presente programa será sometido a aprobación inicial polo pleno da corporación provincial e seguidamente a información pública polo prazo de 10 días hábiles, mediante a publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial da provincia de Ourense. De non producirse alegacións entenderase aprobado definitivamente e, no caso contrario, someteranse aquelas á consideración do pleno para a aprobación definitiva do programa. Logo de aprobarse definitivamente o programa, publicarase o pertinente anuncio no Boletín Oficial da provincia de Ourense, incluíndo o texto íntegro desta bases e a relación de concellos beneficiarios e das axudas concedidas.

A aprobación definitiva do programa levará implícita a adhesión dos concellos beneficiarios, sen prexuízo da súa facultade de formular as alegacións que estimen oportunas con ocasión do trámite de información pública e de renunciar as axudas con posterioridade á súa concesión efectiva.

2º.- Someter a trámite de información pública, mediante anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, as bases inicialmente aprobadas polo prazo de 10 días hábiles, durante os cales as entidades interesadas poderán formular as alegacións ou suxestións que consideren oportunas, que deberán ser resoltas motivadamente no acto de aprobación definitiva.

No caso de non formularse alegacións en prazo, entenderanse automaticamente aprobadas de forma definitiva, procedendo á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

SITUACIÓN DO HOSPITAL COMARCAL DE VALDEORRAS E A SANIDADE NO RURAL DA PROVINCIA DE OURENSE

Acordo:
1. Solicitar á Consellería de Sanidade que continúe aplicando todas as medidas necesarias para que a poboación de referencia do Hospital Comarcal de Valdeorras teña garantida unha atención sanitaria resolutiva, baseada nos principios de equidade, accesibilidade, calidade e seguridade, cunha carteira de servizos adaptada ás necesidades desa poboación.
2. Solicitar á consellería de Sanidade que continúe coas medidas necesarias, xa en marcha, tanto en materia de infraestruturas como de equipamento, para continuar mellorando a coordinación entre atención primaria e atención especializada, ofrecendo o mellor servizo sanitario á poboación de referencia de Valdeorras.

DEFENSA DA IGUALDADE DE TRATO ENTRE AS PARELLAS DE FEITO E OS MATRIMONIOS NO ACCESO Á PENSIÓN DE VIUVEZ

Acordo:

1º.- Instar ao Goberno de España á modificación dos correspondentes preceptos do Real decreto lexislativo 8/2015 e de todas aquelas normas relacionadas con el, para equiparar os dereitos no acceso á pensión de viuvez das parellas de feito co dos matrimonios civís.

2º.- Instar ao Goberno de España para que no prazo máximo dun ano, aprobe un proxecto de lei de parellas de feito polo que se incorpore no Código Civil unha regulación do réxime da parella de feito aplicable en todo o territorio nacional, así como incorporar as modificacións oportunas noutras normas para evitar calquera tipo de discriminación xurídica das parellas de feito fronte os matrimonios por razón do seu estado civil ou da natureza ou formalidade da súa relación de convivencia, cando concorran o resto de requisitos que se establezan en cada caso.

DEFENSA DAS LIBERDADES EDUCATIVAS CONSAGRADAS NA CONSTITUCIÓN

Acordo:

1º.- Respectar e defender a Constitución Española e a xurisprudencia emanada do Tribunal Constitucional en relación co artigo 27º, que sitúan no mesmo plano de igualdade o dereito á educación e a liberdade en ensino, mediante un desenvolvemento harmónico de ambos dereitos.

2º.- Garantir que os pais/nais, como primeiros responsables da educación dos seus fillos/as escollan o tipo de educación e o centro educativo onde escolarizalos.

3º.- Defender a rede de centros concertados como garantes da existencia dunha oferta plural complementaria á rede pública, tal e como manifestou o Tribunal Constitucional, e polo tanto defender a liberdade de elección das familias, asegurando a igualdade de oportunidades delas no exercicio deste dereito, o que implica que ambas redes, pública e privada-concertada terán que ter os recursos necesarios que aseguren este dereito.

4º.- Promover e apoiar a autonomía organizativa e pedagóxica dos centros, respectando o seu carácter propio, para desenvolver proxectos educativos de calidade que poidan responder ás inquedanzas e prioridades das familias co fin de que estas poidan escoller con total liberdade.

5º.- Garantir a existencia e gratuidade dos centros de educación especial, tanto na rede pública como na privada-concertada, como garantes da liberdade de elección das familias.

6º.- Respectar e cumprir co artigo 27º.3 da Constitución que obriga aos poderes públicos a garantir o dereito que asiste aos pais/nais para que os seus fillos/as reciban a formación relixiosa e moral que estea de acordo coas súas propias conviccións.

7º.- Abandonar calquera intento dirixido a suprimir a demanda social do artigo 109.2 da LOMCE como factor determinante por parte das administracións á hora de ofertas as prazas educativas.

8º.- Darlle traslado deste acordo ao Goberno de España para que, a través do cumprimento de todos os puntos desta proposta, defenda e garanta as liberdades educativas consagradas na Constitución Española.

Deja un comentario