Xoves 05 de Decembro de 2019

O Concello propón Ourense como sede dalgunha das vindeiras asembleas da Rede de Cidades AVE


A concelleira de Turismo, Flora Moure, argumentou na asemblea que tivo lugar hoxe en Sevilla, que “dado que as previsións manexadas polo Goberno Central sitúan no primeiro semestre de 2020 a apertura á circulación do tramo entre Zamora e Pedralba, o que permitirá que a viaxe entre Madrid e Ourense se realice en tres horas e media, a nosa cidade será a sede idónea dalgunha das próximas reunións desta Rede de Cidades AVE”

 

O Concello propón Ourense como sede dalgunha das vindeiras asembleas da Rede de Cidades AVE. Así o argumentou a concelleira de Turismo, Flora Moure, na asemblea que tivo lugar hoxe en Sevilla: “dado que as previsións manexadas polo Goberno Central sitúan no primeiro semestre de 2020 a apertura á circulación do tramo entre Zamora e Pedralba, o que permitirá que a viaxe entre Madrid e Ourense se realice en tres horas e media, a nosa cidade será a sede idónea dalgunha das próximas reunións desta Rede de Cidades AVE”

Na II Asemblea Ordinaria de Cidades AVE aprobouse o balance positivo desta entidade, así como o calendario de actividades para 2020. Do mesmo xeito, incorporáronse Granada e Loja como cidades membros.

Deja un comentario