Xoves 05 de Decembro de 2019

O Concello e a Xunta avanzan en diferentes proxectos de infraestruturas na cidade


O concelleiro de Infraestruturas, Miguel Caride destaca que na xuntanza co director xeral da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Ménendez, abordáronse o proxecto de Marcelo Macías e a futura reordenación de Concordia

De “moi positiva” califica o concelleiro de Infraestruturas, Migue Caride, a xuntanza de traballo que mantivo co director xeral da Axencia Galega de Infraestructuras (AXI), Francisco Ménendez, relacionada con diferentes proxectos relacionados con infraestruturas viarias na cidade, xa que “permitiu avanzar en actuacións moi necesarias”.

Deste xeito, unha das cuestión que se abordaron, no que atinxe o arranxo e a futura cesión de diferentes viais, foi a actuación prevista na rúa de Marcelo Macías, cun investimento previsto que supera os 1,5 millóns de euros, así como se avanzou naqueles proxectos que se prevé desenvolver nas rúas do Progreso, das Caldas e Río Arnoía.

Pero, sen lugar a dubidas, no que fai fincapé Miguel Caride é na “boa sintonía” para a posta en marcha da reforma da rúa Concordia, previa peatonalización do vial, que contempla a instalación de elementos mecanicos (como escaleiras) e introducir un novo concepto de movilidade, xa que permitirá os ciudadáns desprazarse desde Progreso ata a zona de San Francisco, superando os obstáculos con que se conta na actualidade.

Outras das cuestións que se trataron na xuntanza de traballo foron as actuacións previstas na segunda fase do proxecto na contorna da Ponte Vella, xuntó co “impulso á circunvalación sur”, como pon de manifesto Miguel Caride.

Deja un comentario