Xoves 05 de Decembro de 2019

Conde reivindica o valor da innovación como garantía de crecemento económico nunha homenaxe a empresarios ourensáns


O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu hoxe a unha homenaxe organizada pola Confederación Empresarial de Ourense a varios empresarios locais, na que puxo de manifesto o valor da innovación como unha garantía de crecemento económico, reivindicando que xera “maior riqueza, emprego de calidade, e estimula a competitividade”.

Segundo sinalou Conde, a Xunta de Galicia incorporará liñas específicas para fomentar a innovación no ámbito empresarial dentro dos orzamentos do 2020. Estas liñas incluirán o Plan de Impulso á Transformación Dixital, dotado con 5,3 millóns de euros; ou a nova Estratexia Pemes, que conta con 2,5 millóns para accións formativas, bonos de innovación que incentiven a I+D+i e que inclúe diferentes actividades de sensibilización e divulgación.

Deja un comentario