Xoves 05 de Decembro de 2019

O Concello adxudicará as obras de reforma e rehabilitación da praza de Abastos número 1


 

O prezo de licitación é de 4.844.132,17 euros, IVE engadido, e o prazo de execución será de 540 días naturais.

 

O Concello de Ourense levará á xunta de goberno local deste xoves a adxudicación do contrato da obra para a execución do proxecto de reforma e de rehabilitación da Praza de Abastos número 1. A empresa adxudicataria, ACCIONA Construcción SA, realizará o desenvolvemento das obras por un prezo total de 4.844.132,17 euros, IVE engadido, e o prazo de execución será de 540 días naturais.

A concelleira de Contratación, Ana Fernández Morenza, encargada deste expediente, asegura que entre entre as melloras do contrato, a empresa comprométese a financiar, ademais do 1% mínimo obrigatorio, o 4% adicional sobre o orzamento de execución material da obra en control de calidade interno. ACCIONA garante, ademais, unha redución do 20% do consumo de iluminación sobre o calculado no proxecto, así coma o 20% do consumo de climatización.

Deja un comentario