Xoves 05 de Decembro de 2019

O Concello adxudica a instalación, posta en marcha, mantemento e retirada da iluminación para este Nadal


 

A aprobación realizouse en xunta de goberno extraordinaria celebrada esta mañá. Na mesma sesión corrixiuse un erro no procedemento para a contratación da limpeza nos centros educativos de Ourense e aprobouse o proxecto de reforma e adaptación da canceira municipal

 

O Concello de Ourense adxudicou, en sesión extraordinaria da xunta de goberno, a instalación, posta en funcionamento, mantemento e retirada da iluminación de Nadal 2019-2020 a Creaciones Luminosas, S.L. A contratación deste servizo terá un custe de 173.756 € -unha baixa do 1% con respecto ao orzamento de licitación- e financiarase do seguinte xeito: 4.949,44 € en 2019, e 168.806,56 € en 2020.

O investimento en iluminación ornamental é superior ao do ano pasado (97.487,28 €), xa que a intención deste ano é que a iluminación chegue a todos os barrios da cidade e ir a máis para que o Nadal ourensán sexa un referente en toda Galicia.

A xunta de goberno tratou, ademais, outro par de asuntos:

Por unha banda, unha rectificación nos erros no prego para a contratación do servizo de limpeza de centros educativos públicos de educación infantil e primaria (CEIP) do Concello de Ourense, en base ás consideracións expostas no informe do técnico de Contratación. O contrato segue repartido en 5 lotes en función das zonas escolares que deben ser atendidas:

Ademais, amplíase o prazo de presentación de ofertas por 30 días máis

Por outro lado, apróbase o expediente para contratar o proxecto de reforma e adaptación á normativa vixente da canceira municipal por importe de 215.332,66 euros (IVE incluído).

Deja un comentario