Xoves 05 de Decembro de 2019

O Bodegón Antiga Leitería álzase co primeiro premio do Xurado Profesional no XII Concurso Sabores de Ourense coa súa proposta “Sugus de outono”


O xurado, composto por profesionais da comunicación e a cociña, reuniuse hoxe no restaurante A Feria para a concesión dos premios

O xurado profesional do XII Concurso Sabores de Ourense – Pinchos de Outono reuniuse esta tarde, desde as 17:00 horas, no restaurante A Feira para a concesión dos seus premios.

Este xurado estaba composto por Jose Luis Oliveira (fotógrafo e blogueiro gastronómico), Jose Manuel García (xornalista e director do programa radiofónico Comer e Falar ), Juan Manuel Casares Gándara, (presidente do C.R.D.O. Ribeiro) e María José Rodríguez e Óscar Vaz (Escola de Hostelería de Vilamarín). O xurado, que estivo acompañado pola edil de Turismo, Flora Moure, votou as propostas dos establecementos finalistas: A Feiriña, Adega das Caldas, Bodegón Antiga Leitería, O Comellón, Casa de María Andrea, Glabistró, Taberna O Enxebre, A Casa do Pulpo, La Estación de Loman e Sanmiguel.

Logo da súa deliberación, concédense os seguintes premios:

1º Premio: Bodegón Antiga Leitería polo seu pincho “Sugus de Outono”
2º Premio: Glabistró polo seu pincho “A Castaña e o seu zurrón”
3º Premio: A Feiriña, polo seu pincho “Souto das Táboas”

Deja un comentario