Venres 13 de Decembro de 2019

O Concello adquirirá medio millar de xoguetes para nenos e nenas das familias usuarias dos servizos sociais na Campaña de Reis


As empresas interesadas en subministralos poderán presentar as súas ofertas desde o luns

A Concellería de Política Social do Concello de Ourense inicia a Campaña de Reis 2020 coa adquisición de medio millar de xoguetes, que lles serán entregados a nenos e nenas de entre 1 e 10 anos de idade. Con esta finalidade, convídase as empresas interesadas en optar á subministración a que presenten a súas ofertas.
Na páxina web do Concello poderán consultar as bases da convocatoria, na que se concretan os modelos e unidades de cada tipo de xoguete, e a documentación que deben presentar para optar á adxudicación. O prezo máximo de licitación é 12.377,88 euros máis IVE, 14.977,23 euros en total.
Os xoguetes entregaranse entre o 30 de decembro e o 5 de xaneiro a cada unha das familias que presenten un vale da Concellería de Asuntos Sociais, nas propias instalacións da empresa adxidicataria en Ourense.

Deja un comentario