Martes 12 de Novembro de 2019

O Concello ultima a contratación da instalación, posta e funcionamento e retirada da iluminación de Nadal


“A grande novidade deste ano”, en palabras de Miguel Caride, voceiro da xunta de goberno, “é que a iluminación chegará a todos os barrios da cidade”

 

O Concello de Ourense ultima a posta en funcionamento dun dos grandes atractivos do inverno: a iluminación de Nadal. En xunta de goberno local extraordinaria, deuse conta da ordenación decrecente das ofertas presentadas para a contratación da instalación, posta en funcionamento, mantemento e retirada da iluminación de Nadal 2019-2020, que se adxudicará por un prezo de 173.756 euros.

A grande novidade deste ano, en palabras de Miguel Caride, voceiro da xunta de goberno, é que a iluminación chegará a todos os barrios da cidade. A idea, sostén, é ir incrementando esta programación para que o Nadal ourensán sexa un referente en toda Galicia.

A empresa con mellor puntuación de acordo cos criterios do prego, Creaciones Luminosas SL, deberá depositar na Tesourería municipal a garantía definitiva, por importe de 5% do prezo de adxudicación, IVE excluído (7.180 €), así como toda a documentación do prego de cláusulas administrativas.

Deja un comentario