Martes 12 de Novembro de 2019

O Concello garante que o servizo de Axuda no Fogar seguirase prestando con normalidade a todos os usuarios


 

A concelleira de Política Social, Eugenia Díaz Abella, ao igual que fixo o portavoz do Goberno Municipal, Miguel Caride, na rolda de prensa desta mañá, reitera que «o servizo de Axuda no Fogar está absolutamente garantido e seguirase prestando, ao tratarse dun servizo esencial dentro do Concello de Ourense».
No que respecta ao comunicado emitido hoxe polo sindicato CCOO, informamos que os pagos pendentes estanse tramitando coa maior celeridade dentro das posibilidades administrativas actuais. “O Servizo de Axuda no Fogar”, reitera Díaz Abella, “seguirase prestando con normalidade a todos os usuarios”.

Deja un comentario