Martes 12 de Novembro de 2019

Última charla para explicar as axudas para a rehabilitación de edificios e vivendas no ARRU de Serra San Mamede, Cruceiro Quebrado e A Inmaculada


 

Técnicas da Concellería de Urbanismo asistirán mañá, xoves 24, ás 19.30 horas ao colexio Amadeo Rodríguez Barroso

 

O Concello de Ourense, a través das Concellerías de Urbanismo e Participación Cidadá, organiza para mañá, xoves 24, ás 19.30 horas no colexio Amadeo Rodríguez Barroso, a última das charlas informativas para informar a veciñanza da convocatoria 2019-20 de axudas á rehabilitación dos elementos comúns dos edificios e dos interiores das vivendas na ARRU de Serra San Mamede, Cruceiro Quebrado e A Inmaculada.

A charla informativa está dirixida aos veciños que residen nas rúas englobadas nesta área de rehabilitación urbana de San Mamede, Cruceiro Quebrado e A Inmaculada, e que conta cun orzamento de 180.000 euros, financiado polo Plan Estatal de Vivenda 2018-2021.

A concelleira de Urbanismo, Sonia Ogando, sinala que “estas axudas contan cun orzamento de máis de 1 millón de euros, procedente do Plan Estatal de Vivenda, e as persoas interesadas poden informarse na oficina do Servizo de Rehabilitación do Concello, na rúa da Primavera nº1”.

As bases desta convocatoria de subvencións 2019-20 poderán consultarse no boletín Oficial da Provincia de Ourense nº159 de data 12 de xullo de 2019 e na páxina web do Concello, ourense.gal.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Ourense ou en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015. As persoas interesadas, igualmente, poden obter máis información na oficina do Servizo de Rehabilitación do Concello de Ourense, na rúa Primavera nº1 (988.366.235 / 237) e no correo electrónico ofperi[arroba]ourense.es

Deja un comentario