Martes 12 de Novembro de 2019

Cooperación da Deputación de Ourense coa “Ruta do Viño de Valdeorras”


 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, entrevistouse hoxe no Pazo Provincial co presidente da Asociación “Ruta do Viño de Valdeorras”, Joaquín Sánchez, e coa técnica Cristina Núñez para acordar a renovación da colaboración da Deputación de Ourense con esta entidade para o ano 2020. Trátase, segundo confirmou o presidente do goberno provincial, “de seguir a promocionar o enoturismo e de estar presente no territorio, nunha comarca esencial para a provincia de Ourense, como é a de Valdeorras, e continuar cooperando e formando parte da “Ruta do Viño de Valdeorras” -como se determinou por acordo plenario da Deputación de Ourense-, así como de estar ao carón dos sectores produtivos, sendo o viño e a denominación de orixe Valdeorras, vencellada ao turismo con esta ruta, un exemplo fundamental”.

Deja un comentario