Xoves 21 de Outubro de 2021

O PP define estratexias para as eleccións xerais coas agrupacións locais dos oito concellos que integran a zona electoral de Bande


 

A dirección do Partido Popular de Ourense continuou hoxe coa axenda de reunións que está a celebrar nas sete xuntas electorais de zona da provincia, reunindo desta volta ás agrupacións locais do PP dos oito concellos que integran a zona de Bande: Calvos de Randín, Entrimo, Lobeira, Lobios, Muíños, Padrenda e Verea, ademais do propio Bande.

Nesta última localidade tivo lugar esta tarde a reunión prevista para hoxe, co obxectivo de perfilar estratexias e organizar as eleccións xerais do próximo 10 de novembro. Un encontro no que o secretario xeral dos populares ourensáns, Rosendo Fernández, agradeceu o esforzo realizado nos pasados comicios locais de maio “na procura de gobernos sólidos chamados a defender os intereses xerais do noso territorio e da súa veciñanza”.

Agora, dixo, “imos demostrar tamén que por riba dos intereses partidistas que nos levaron a esta situación de bloqueo hai un partido que sabe defender desde as Cortes Xerais o que verdadeiramente nos importa, Ourense”.

Deja una respuesta