Sábado 15 de Agosto de 2020

O Partido Popular pon ao Concello de Cenlle como exemplo de iniciativas de impulso ao rural


Os candidatos populares visitaron as localidades de Razamonde e Osmo, onde se están a desenvolver proxectos postos en marcha polo PP

 

Os candidatos do Partido Popular ao Congreso e ao Senado pola provincia de Ourense visitaron esta tarde o Concello de Cenlle, elixido polos representantes populares como exemplo das iniciativas e dos proxectos que o PP desenvolve na súa aposta polo rural.

Acompañados polo alcalde, o popular Gabriel Alén Castro, os candidatosao Congreso, Ana Vázquez e Celso Delgado, e ao Senado, Miguel Ángel Viso, Carmen Leyte e Francisco José Fernández, visitaron as localidades de Razamonde e Osmo.

En Razamonde, os candidatos comprobaron o estado das obras de construción de senllos paseos peonís, en ambas as dúas marxes da travesía da estrada N-120, un proxecto impulsado e orzamentado polo goberno de Mariano Rajoy. Os candidatos puxeron esta obra como un exemplo da importancia destas actuacións, que aínda pequenas en orzamento, contribúen a un maior maior seguridade viaria para a veciñanza.

A iniciativa xurdiu en o 10 de outubro de 2015, cando o alcalde de Cenlle , Gabriel Alén, expuso á ministra de Fomento, Ana Pastor, os problemas de seguridade vial que sufrían os veciños de Razamonde. A ministra foi sensible a estas peticións e encargou a redacción dun estudo sobre as citadas sendas, que se materializou en 2016. A obra foi orzamentada en exercicios posteriores e a principios de 2018, o entón ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, anunciou a licitación da obra para o segundo semestre de 2018. Non obstante, trala moción censura e a chegada ao goberno de Pedro Sánchez, os deputados populares amosaron a súa inquedanza polo cumprimento dos prazos, polo que desenvolveron varias iniciativas para activar este proxecto que, finalmente, foi licitado o 17 de xaneiro deste ano e adxudicado o 30 de agosto por valor de 163.218,09 euros.

Con posterioridade, os candidatos populares trasladáronse á localidade de Osmo, declarada pola Xunta como “primeira aldea modelo de Galicia”, un proxecto que, segundo afirmaron, amosa que o desenvolvemento do rural segue presente na axenda política do PP e estará moi presente nas iniciativas dos representantes populares nas Cortes Xerais.

O proxecto de “aldea modelo” de Osmo implica actuacións de desbroce e limpeza en preto de 30 hectáreas para protexer aos veciños de posibles lumes forestais, favorecendo ao tempo a posta en marcha de actividades agrogandeiras para poñer en valor esta superficie.

Cenlle é un dos 226 concellos adheridos ao convenio coa Xunta e nos que se impulsará a posta en produción das terras mediante cultivos de horta, cereal, pastos, froiteiras, castiñeiros ou oliveiras, entre outrosetc. Na provincia ourensá xa están adheridos ao convenio máis do 80 % dos concellos (ata 78 municipios).

REUNIÓN DAS AGRUPACIÓNS LOCAIS DO PP NO PARTIDO XUDICIAL DE TRIVES.

A axenda de traballo dos populares ourensáns tamén tivo hoxe como escenario a localidade de Pobra de Trives, onde o secretario xeral do PP, Rosendo Fernández, presidiu a reunión das agrupacións locais que forman parte do partido xudicial de Trives: O Bolo, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Larouco, Manzaneda, Montederramo, San Xoán de Río, A Teixeira, Viana do Bolo, Vilariño de Conso e maila agrupación trivesa.

Nos marco dos encontros previstos para a organización das Eleccións Xerais do 10 de novembro, Rosendo Fernández lembrou o “papel decisivo que o Partido Popular de Ourense tivo sempre en cada cita coas urnas”, polo que pediu un novo esforzo para, desde a provincia, “contribuír á consecución dun goberno que dea estabilidade aos cidadáns e nos permita seguir a crear un Ourense mellor”.

Deja una respuesta