
A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, asistiu hoxe á Festa da pataca da localidade ourensá de Vilar de Barrio, que este ano conmemora o seu 40 aniversario. Díaz Mouteira incidiu na importancia deste tipo de festexos gastronómicos para enxalzar a calidade dos produtos tradicionais da terra.
A representante do Goberno galego destacou que este evento, ademais de permitir a degustación do produto exaltado, incorpora tamén diferentes actividades. Entre elas, unha exposición e actuacións musicais, títeres e danza.
Deja una respuesta
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.