Sábado 07 de Decembro de 2019

A Xunta e o concello de Boborás colaboran na mellora das infraestruturas municipais


A directora xeral da Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e a delegada territorial da Xunta na Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitaron esta mañá o concello

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, acompañada pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitaron hoxe o concello de Boborás pola súa alcaldesa Patricia Torres, onde ambas administracións colaboran na mellora das infraestruturas municipais, equipamentos e melloras ambientais.
Durante a súa visita, Marta Fernández-Tapias, destacou a importancia da colaboración entre a Administración autonómica e a local, xa que os concellos galegos levan a cabo actuacións que repercuten en melloras directas para o día a día dos cidadáns e son a administración máis próxima a cidadanía e, por tanto, a que mellor coñece as necesidades dos seus veciños.
A Xunta e o concello de Boborás colaboran na instalación dun ascensor na Casa do Concello para mellorar o equipamento e as condicións de uso e accesibilidade ao edificio coa supresión das barreiras arquitectónicas. O proxecto contempla que o ascensor chegue ata a planta terceira onde se atopan os arquivos para que todo o inmoble sexa accesible.

Ambas administracións tamén cooperan na mellora da eficiencia enerxética das fiestras da Casa consistorial e na regularización de instalacións eléctricas de baixa tensión no bombeo de auga e na estación depuradora de augas residuais.

Deja un comentario