Mércores 23 de Outubro de 2019

O Punto Limpo Móbil do Concello de Ourense facilita a reciclaxe de residuos en cada barrio da cidade


O Concello lembra que este servizo está á disposición de toda a cidadanía, de xeito gratuíto e percorrendo todo o municipio

 

Tomos somos conscientes de que reciclar é cousa de todos pero á vez debemos dispoñer da infraestrutura adecuada para facelo. Por este motivo, o Concello quere dar a coñecer entre a cidadanía o servizo do Punto Limpo Móbil de Ourense e animar a veciños e veciñas a utilizar este elemento na oferta da reciclaxe, que ten sido pioneiro na comunidade autónoma.

Para o concelleiro de Medio Ambiente e tenente de alcalde Jorge Pumar, este servizo é “unha clara aposta por facilitar a comodidade na reciclaxe na cidade. Somos conscientes que comodidade e proximidade son dous binomios claves á hora de alcanzar o éxito nas cifras de reciclaxe. Ademais, este servizo facilita a retirada dos fogares ourensáns de residuos que poden chegar a ser perigosos para a nosa saúde ou para a nosa contorna natural”, lembra Pumar.

O Punto Limpo Móbil é un servizo máis que presta a Concellería de Medio Ambiente para a xestión de residuos na cidade. Permite reciclar os vellos aparellos eléctricos ou electrónicos que están ocupando un espazo na casa, ou elementos cotiáns como lámpadas, ou roupa. Tamén se recollen nos puntos limpos elementos como aceites usados vexetais, de automoción, ou restos de pintura e botes, vellos vidros, ou restos de madeira.

Son residuos que, como forman parte da nosa vida cotiá, adoitamos almacenar con despreocupación nas vendas e que poden chegar a ser considerados residuos con certo grao de perigo. Caso das vellas radiografías, aerosois, botes con pintura, pilas, lámpadas e fluorescentes ou aceite usados, que en todo caso deben ser tratados cunha xestión e reciclaxe adecuados para preservar a nosa contorna natural. Como exemplo, unha pila pode contaminar ata 3.000 litros de auga, ou un litro de aceite usado pode malograr ata 1.000 de auga.

Para dar resposta á xestión deste tipo de residuos nos fogares naceu o servizo do Punto Limpo Móbil cuxa función é recollelos para o seu adecuado tratamento. O Punto Limpo Móbil caracterízase pola súa versatilidade e por admitir unha ampla gama de residuos nos seus diferentes compartimentos, feito que permite ser unha excelente ferramenta nos núcleos urbanos e rurais.

O servizo de Punto Limpo Móbil facilita o traslado ao desprazarse cun calendario e horario establecido pola trama da cidade. Este servizo barrio a barrio, que tamén inclúe as zonas do rural ourensán, pon ao alcance da cidadanía unha iniciativa que permite reciclar todos os pequenos residuos xerados no fogar que non sabemos como eliminar, sen necesidade de desprazarse a un punto limpo fixo. O vehículo conta con contedores separados para asegurar a clasificación e o transporte de cada tipo de residuos e asegurar así a súa xestión adecuada.

Podemos levar ao Limpo Móbil aqueles pequenos residuos domésticos, como aparellos eléctricos e electrónicos, pilas, mobles e residuos voluminosos domésticos, papel e cartón, radiografías, restos de pintura, tintas e disolventes, aerosois, lámpadas e tubos fluorescentes, vidro plano, aceite usado de automoción, roupa e calzado, madeiras, metais e aceite usado vexetal.

HORARIOS E LUGARES DE RECOLLIDA DO PUNTO LIMPO MÓBIL

LUNS (1º e 3º de cada mes)

HORARIO PUNTOS DE RECOLLIDA
10:15 a 11:15 R/ Río Mao (Carga e descarga)
11:30 a 12:30 Santa Teresita (Igrexa)
13:00 a 13:30 R/ Río Bibei – Praza da Mariña
16:15 a 17:15 Covadonga (Parque rúa Apolo)
17:30 a 18:00 Avda de Marín, 5-7 (Vial)

LUNS (2º e 4º de cada mes)

HORARIO PUNTO DE RECOLLIDA
MAÑÁ EN RUTA: Cabeza deVaca, Seixalbo, Curuxeiras, Sta. Mariña, Ceboliño,
MAÑÁ EN RUTA: Velle, Cudeiro, Vilar de Astrés, Reza,
MAÑÁ EN RUTA: Quintela de Canedo, Untes, Sta. Cruz de Arrabaldo ,
MAÑÁ EN RUTA: Castro de Beiro,Caveanca, Palmés.

MARTES

HORARIO PUNTO DE RECOLLIDA
de 10:15 a 11:15 R/ San Pedro de Mezonzo – San Rosendo
de 11:30 a 12:30 R/ Vicente Risco,18 (Carga e descarga)
de 13:00 a 13:30 Rúa Ribeiriño (Carga e descarga)
de 16:15 a 17:15 Praza Alfonso Alcaraz (Monolito)
de 17:30 a 18:00 Praza Sorolla, 2 (Estadio O Couto)

MÉRCORES

HORARIO PUNTO DE RECOLLIDA
de 10:15 a 11:15 Camelias, 12-16
de 11:30 a 12:30 Pr. da Lexión – Fernández Alonso
de 13:00 a 13:30 Rúa Dalí, 1 (Carga e descarga)
de 16:15 a 17:15 Pura e Dora Vázquez – Salvador de Madariaga
de 17:30 a 18:00 R. Manuel Murguía,18 (Carga e descarga)

XOVES

HORARIO PUNTO DE RECOLLIDA
de 10:15 a 11:15 AA.VV. O Polvorín – Praza Antolín Faraldo
de 11:30 a 12:30 Praza Santo Cristo
de 13:00 a 13:30 Avda. Universidade,7 (Carril exterior)
de 16:15 a 17:15 Pena Trevinca – Eloy Luis André
de 17:30 a 18:00 Pr. Mariñamansa (Av. Zamora – Bonhome)

VENRES
HORARIO PUNTO DE RECOLLIDA
de 10:15 a 11:15 Rúa dos Barrocás – Estrada da Granxa
de 11:30 a 12:30 Inmaculada (Igrexa)
de 13:00 a 13:30 Estrada da Granxa, 18
de 16:15 a 17:15 R. Xunqueira de Espadañedo – Nuno de Ousende
de 17:30 a 18:00 R. Xunqueira de Ambía – Rúa Celanova

SÁBADO

HORARIO PUNTO DE RECOLLIDA
de 10:15 a 11:15 Praza do Ferro, n° 1
de 11:30 a 12:30 Praza da Imprenta – Rúa Colón
de 13:00 a 13:30 Rúa Dr. Fléming – Rúa Reza
de 16:15 a 17:15 Praza Eduardo Barreiros, no 8
de 17:30 a 18:00 R. do Progreso, 64-70 (Carga e descarga)

Deja un comentario