Mércores 23 de Outubro de 2019

O Museo Municipal acolle desde mañá a exposición de pinturas de Fernando Prieto


Recolle unha colección de 30 obras de óleo sobre lienzo do artista hiperrealista

O Concello de Ourense organiza tres novos cursos dentro da programación da Aula CeMIT de La Molinera:

– Fabricación de impresora 3D (segunda parte) desenvolverase desde o 3 de outubro até o 30 de outuibro, os martes e de 9.30 a 11.30h.
– Impresión 3D impartirase desde o 7 até o 18 de outubro, os luns, mércores e venres, de 09:30a11:30
– Deseño vectorial e corte láser será desde o 21 ao 30 de outubro, os luns,m mércores e venres, de 9,30 a 11,30
As persoas interesadas poden recibir más información e realizar a inscrición a través da páxina web de La Molinera
www.lamolinera.net

O Museo Municipal acolle desde o xoves, 3 de agosto ata o mes de xcaneiro de 2020 a exposición de Fernando Prieto, artista hiperrealista dunha grande calidade pictórica. Preséntanos unha colección de 30 obras de óleo sobre lienzo, repartidas entre as salas I e II do Museo. Se inaugura o xoves ás 20:30h.
Naceu na Coruña. Desde moi cativo manifestou a súa i nclinación cara ao debuxo e a pintura, participando á idade de 13 anos na súa primeira exposición, nunha sala do Concello de Ferrol. Realizou os estudos de perito mercantil, sen abandonar nunca a súa gran paixón, a pintura.
Aurelio Lombera concedeulle unha bolsa na súa academia de Pintura onde, durante cinco anos, compartiu clases con Rogelio Puente e outros destacados pintores coruñeses. Posteriormente, asistiu outros cinco anos ao estudo de Vidal Lombán, pintor ourensán afincado na Coruña.
A súa pintura é realista, pero máis aló da mera diversión plástica, a súa intención é trasladar ao espectador desde os obxectos e as figuras humanas a outra profundidade. As mans, os zapatos vellos, as froitas, as pezas de vestir…, represéntanse de forma hiperrealista, pero perden o seu significado real para alcanzar a magnitude sensorial. Detrás do Hiperrealismo Subxectivo que define Prieto, existe un certo surrealismo, que se apoia en imaxes-símbolo que transcende a aparencia dos obxectos para transportarnos a un mundo onírico e poético, elixindo unha vía de traballo semellante á proposta por Magritte.
A súa obra forma parte de numerosas coleccións públicas e privadas, tanto en España como en Estados Unidos.

Deja un comentario