Mércores 23 de Outubro de 2019

O goberno municipal levará ao Pleno modificacións orzamentarias para a reforma da Praza de Abastos e o pago de facturas da conta 413


Por importe de máis de 10 millóns de euros, financiadas integramente con cargo a remanente de tesourería

 

O goberno municipal presentará a aprobación por parte do Pleno do Concello na súa próxima sesión, que se celebrará este venres, 4 de outubro, 2 proxectos de modificación orzamentaria utilizando a figura dos suplementos de crédito e dos créditos extraordinarios.

O primeiro expediente, a modificación orzamentaria 5P/2019, ten un importe de 9.219.147,52 euros, procedentes do remanente de tesourería para gastos xerais, que se destinarán á conta 413 do orzamento municipal.

A cantidade total correspóndese por unha banda, a facturas do ano 2018 que non se puideron pagar no seu momento ou ben por falta de crédito ou porque non deu tempo a tramitalas, e que a día de hoxe seguen sen estar abonadas. E, por outra banda, a facturas do ano 2018 que se abonaron con orzamento correspondente a 2019, e cuxo importe agora se vai repoñer. As facturas xa abonadas ascenden a aproximadamente a 4 millóns de euros.

O segundo expediente, a modificación 6P/2019 ten un importe de 989.877,38 euros, tamén procedentes de Remanente de tesourería para gastos xerais, que se destinarán á partida de Reforma e rehabilitación da Praza de Abastos número 1. Neste caso, a modificación é polo importe que falta por cubrir da totalidade da aportación do Concello ás obras segundo o establecido na subvención concedida polo Ministerio do 1,5% cultural.

Os dous expedientes preséntanse ao Pleno para a súa aprobación provisional. Tras dela, exporanse ao público por un prazo de 15 días a contar desde a súa publicación no BOP e no taboleiro de anuncios do Concello, nos que as persoas interesadas poderán presentar reclamacións, se o estiman oportuno. Se non houbera reclamacións, o expediente quedará aprobado definitivamente.

O Pleno tamén tratará a aprobación provisional do proxecto de modificación dos orzamentos do Consello Municipal de Deportes 2M/CMD/2019, utilizando a figura dos suplementos de crédito, por importe de 75.615,60 euros, cuxo proxecto se aprobou onte en xunta de goberno local. O acordo permite utilizar o remanente de tesourería para gastos xerais do que dispón o Consello Municipal para abonar cantidades incluídas na dita conta 413.

O goberno municipal tamén presentará ao Pleno do venres a aprobación definitiva da modificación da plantilla do persoal eventual do Concello de Ourense, aprobada inicialmente no pleno do día 9 de agosto, desestimando as alegacións presentadas pola Confederación Intersindical Galega (CIG) e pola Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF).

Deja un comentario