Mércores 23 de Outubro de 2019

Deputación de Ourense e CEO analizan proxectos de cooperación


O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse hoxe no Pazo Provincial coa presidenta da Confederación Empresarial de Ourense (CEO), Marisol Nóvoa, e co secretario xeral desta entidade empresarial, Jaime Pereira, para analizar temas de cooperación entre ámbolos dous entes, «co obxectivo común de seguir impulsando a competitividade social e empresarial da provincia de Ourense», expresou Manuel Baltar. Iniciativas como o Plan ExportOU, a Oficina de atracción de investimentos, accións para o fomento do cooperativismo e do emprendedurismo, así como as misións comerciais que fomentan un coñecemento por parte de mercados estranxeiros das potencialidades das empresas ourensás, foron algúns dos temas que se analizaron na reunión.O presidente do goberno provincial incidiu na importancia de que esta alianza de colaboración Deputación de Ourense-CEO se reforce tamén en sectores como o termal e os servizos turísticos, «que están chamados a ter un especial protagonismo coa chegada da Alta Velocidade á nosa provincia», e salientou «o espírito empresarial» do plan de mandato «Ourense 7273″, que centra as súas accións en promover a competitividade económica de Ourense, unha estratexia na que a institución provincial e a CEO van da man para planificar e poñer en marcha iniciativas conxuntas».

Deja un comentario