Mércores 23 de Outubro de 2019

A Deputación de Ourense pon a disposición dos concellos un servizo pioneiro para a realización de reunións a distancia con validez legal


 

Esta solución tecnolóxica, que será gratuíta para todos os concellos da provincia, excepto o da capital, contribuirá a mellorar a transparencia na xestión. Inclúe o uso da tecnoloxía Blockchain para a xestión de reunións e comisións, e un sistema de videoconferencia certificada, que estará a disposición dos concellos, como xa se fai no Pazo Provincial

A Deputación de Ourense pon a disposición dos concellos un servizo pioneiro para a realización de reunións a distancia con validez legal, unha solución tecnolóxica que será gratuíta para todos os concellos da provincia, excepto o da capital, e que contribuirá a mellorar a transparencia na xestión. Inclúe o uso da tecnoloxía Blockchain para a xestión de reunións e comisións, e un sistema de videoconferencia certificada, que estará a disposición dos concellos, como xa se fai no Pazo Provincial.Coa celebración hoxe (28 de setembro) do Día Internacional do Dereito de Acceso Universal á Información, a Deputación de Ourense -líder en transparencia e acceso á información pública- promove esta ferramenta tecnolóxica que o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, define como «un importante paso no ámbito da cooperación entre Deputación e concellos, que permitirá mellorar as capacidades dos municipios».Precisamente, unha data como a de hoxe pon o acento na necesidade de procurar o acceso á información dixital (principalmente), como vehículo para garantir outros dereitos e pór en evidencia os problemas que neste ámbito acontecen no mundo, co obxectivo de destacar o dereito á información, clave para a liberdade de pensamento e de expresión.O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, marcou a transparencia como unha das liñas destacadas da súa estratexia política e de xestión pública, sendo o goberno provincial ourensán un referente nacional e internacional das administracións públicas, con proxectos innovadores como o de «Provincia Intelixente» ou as acción levadas a cabo para potenciar a «marca Ourense» en ámbitos como o deporte, o turismo, o termalismo ou o medio ambiente, con iniciativas de xestión pública de vangarda.Desafíos tecnolóxicos e sociaisNeste sentido, o plan de mandato de Manuel Baltar, «Ourense 7273», é un documento que define como «perfectamente preparado» para os desafíos tecnolóxicos e sociais que afronta a provincia de Ourense proximamente, entre eles, o máis inmediato a chegada do AVE, incluíndo outras destacadas efemérides como a celebración dos 100 anos da Xeración Nós ou o Xacobeo 2021. E no plano tecnolóxico salienta o proxecto líder en innovación no sector do turismo intelixente denominado «Hay un Ourense para ti. Descúbrelo», «que situará á provincia como referente turístico aproveitando os recursos das tecnoloxías máis vangardistas», afirma Baltar, engadindo que Ourense «destaca na innovación no sector turístico, onde sobresae a administración electrónica e a capacidade de conectar co visitante a nivel tecnolóxico», di o presidente da Deputación.Precisamente, nesta liña tecnolóxica e de cooperación cos concellos, o vindeiro luns celébrase no centro cultural «Marcos Valcárcel» unha xornada de difusión das distintas iniciativas da Área de Transparencia e Goberno Aberto, que dirixe Fernando Suárez, xuntanza que ten como obxectivo contribuír a mellorar as capacidades dos municipios. Suárez afirma que na xornada amosarase o funcionamento do servicio de gravación de plenos councilbox, «unha plataforma na nube para a celebración presencial e en remoto de reunións con validez legal». «Con este servicio -explica-, que se ofrece de forma gratuíta a todos os concellos (agás o da capital), estes terán unha ferramenta para aumentar a súa transparencia e rendición de contas».A característica diferencial deste sistema é que inclúe a tecnoloxía Blockchain, que permite a xestión de reunións e comisións con videoconferencia certificada, tecnoloxía na que xa é pioneira a Deputación de Ourense na súa aplicación no Pazo Provincial.Esta ferramenta automatiza e aporta seguridade xurídica aos procesos para unha correcta celebración de reunións nunha única plataforma, e facilita a realización de reunións a distancia reducindo custes e desprazamentos. Entre as súas funcionalidades destaca a xestión de convocatoria de xuntas, plenos e reunións; a automatización do voto delegado; o control de asistencia; a administración das xuntas; documentación de firmas, actas e libros de actas; certificación e custodia de evidencias; creación de actas automáticas; xeración de certificados de tomas de acordos; e gravación dos plenos.Na xornada tamén se informará que a Deputación de Ourense pon a disposición dos concellos, de maneira gratuíta, unha base de datos online con información de carácter local e provincial -útil para a planificación estratéxica da Deputación e dos concellos-, permite a consulta e descarga de ficheiros de datos públicos municipais e provinciais provenientes de fontes como o Ministerio de Facenda, o Servizo Público de Emprego ou o INE, entre outros.

Deja un comentario