Mércores 23 de Outubro de 2019

A Deputación de Ourense aproba o orzamento para 2020, que ascende a 85,7 millóns de euros


 

A institución provincial volve ser a primeira de España en aprobar os seus presupostos, os máis altos na historia do goberno provincial ourensán

A Deputación de Ourense aprobou inicialmente hoxe, no pleno ordinario correspondente ao mes de setembro, o orzamento da institución provincial para 2020, que ascende a un importe de 85,7 millóns de euros. Desta maneira, a institución provincial volve ser a primeira de España en aprobar os seus presupostos, que encaran os novos retos da provincia, sendo este o orzamento o máis alto da historia do goberno provincial ourensán.

No pleno tamén se aprobou inicialmente o Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais (6,2 millóns); e o Plan especial de cooperación para o cofinanciamento de obras promovidas polo Concello de Ourense, que permite a realización de 26 obras por importe de 10,4 millóns de euros. Asemade, deuse luz verde á incoación de expedientes para o outorgamento da medalla de ouro da provincia ao escultor Acisclo Manzano, e para o nomeamento de fillo predilecto do escritor Alfredo Conde.

A totalidade dos acordos plenarios aprobados hoxe son os seguintes:

APROBACIÓN DA CONTA XERAL DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL, DO INSTITUTO OURENSÁN DE DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO, DO CONSORCIO PROVINCIAL DO SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO E DO CONSORCIO DE AUGAS DE VALDEORRAS CORRESPONDENTE AO EXERCICIO 2018

Acordo:

1º.- Aprobar as contas xerais correspondentes ao exercicio 2018, de acordo do establecido no artigo 212.4 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, co seguinte detalle:

Primeiro.- Conta Xeral da Deputación Provincial de Ourense do exercicio 2018, da que se

obteñen os seguintes datos:

 Resultado orzamentario axustado: 27.910.463,69 €

 Remanente de tesourería para gastos xerais: 34.512.081,67€

Documento asinado electrónicamente (Lei 39/2015, de 1 de outubro). A autenticidade deste documento pode ser comprobada

mediante o CSV: 12433271660157137512 en https://sede.depourense.es

 Balance de situación: 2.541.836.706,77 €

 Resultado económico patrimonial: -75.630.951,19 €

Segundo: Conta Xeral do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico do exercicio 2018, da que se obteñen os seguintes datos:

 Resultado orzamentario axustado: 226.679,21 €

 Remanente de tesourería para gastos xerais: 300.971,15 €

 Balance de situación: 17.432.058,03 €

 Resultado económico patrimonial: 106.093,29 €

Terceiro.- Conta Xeral do Consorcio provincial de servizo contra incendios e salvamento do exercicio 2018, da que se obteñen os seguintes datos:

 Resultado orzamentario axustado: 428.397,46 €

 Remanente de tesourería para gastos xerais: 1.658.450,49 €

 Balance de situación: 9.391.293,84€

 Resultado económico patrimonial:- 142.650,79 €

Cuarto.- Conta Xeral do Consorcio de augas de Valdeorras do exercicio 2018, da que se obteñen os seguintes datos:

 Resultado orzamentario axustado: 205.047,06 €

 Remanente de tesourería para gastos xerais: -402.454,92 €

 Balance de situación: 855.237,85 €

 Resultado económico patrimonial: 170.483,41 €

2º.- Proceder á rendición da conta xeral correspondente ao exercicio 2018 ao Consello de Contas de Galicia, cumprindo co preceptuado no artigo 212.5 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.

DELEGACIÓN NA DEPUTACIÓN DO EXERCICIO DAS COMPETENCIAS DE RECADACIÓN ENVÍA EXECUTIVA DA TAXA POLA LIMPEZA DE TERREOS E SOARES, DA TAXA POLA SUBMINISTRACIÓN DE AUGA E DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS DO MUNICIPIO DE CENLLE

Acordo:

Aceptar a delegación de competencias efectuada polo Concello de Cenlle a favor da Deputación Provincial, mediante acordo de 28 de abril de 2019, para a recadación executiva da taxa pola limpeza de terreos e soares, da taxa pola subministración de auga e do imposto sobre construcións, instalacións e obras, nas condicións recollidas no acordo de delegación do Concello de Cenlle, sendo en todo caso de aplicación as seguintes condicións xerais:

a) O contido da delegación abranguerá o exercicio das facultades para a realización da recadación en vía executiva, ditando os actos administrativos necesarios para a xestión dos ditos procedementos, incluída a emisión da providencia de constrinximento e resolución dos recursos administrativos contra os actos de recadación executiva.

b) Para o exercicio da competencia delegada o concello debería remitir as certificacións de descuberto do tributo ao que se refire. Documento asinado electrónicamente (Lei 39/2015, de 1 de outubro). A autenticidade deste documento pode ser comprobada mediante o CSV: 12433272154056551445 en https://sede.depourense.es

c) A taxa para satisfacer polo concello pola prestación do servizo de recadación en período executivo será o 100% da recarga de constrinximento que debe pagar o debedor tributario conforme co establecido no artigo 6, apartado b) da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación dos servizos de xestión, inspección e recadación da Deputación Provincial de Ourense. A Deputación deducirá da transferencia do importe recadado a cantidade correspondente á taxa liquidada, sen prexuízo da notificación da dita liquidación na forma prevista no artigo 9 da Ordenanza fiscal.

d) A presente delegación estará vixente a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia durante un prazo de catro anos, prorrogándose tacitamente por períodos de 4 anos se ningunha das partes mostra expresamente a súa vontade en contra, comunicándollo á outra cunha antelación non inferior a 6 meses á data sinalada o

u á de calquera dos períodos de prórroga.

EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DOS CRÉDITOS ORZAMENTARIOS E DAS BASES DE EXECUCIÓN DO ORZAMENTO DO EXERCICIO 2019 MEDIANTE SUPLEMENTOS DE CRÉDITO E CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS N.º 4/2019

Acordo: Aprobar inicialmente a modificación de créditos do expediente. Detalle:

SUPLEMENTOS DE CRÉDITO. GASTOS DE INVESTIMENTOS

APLICACIÓN

EXPRESIÓN

IMPORTE €

334.20/627.00

Actividades culturais e recreativas. Adquisición Patrimonio Cultural

150.000,00 €

450.12/619.02

Cooperación Provincial. Reparación vías municipais

48.000,00 €

450.12/762.01

Cooperación Provincial. A Concellos subvencións

6.693.841,70 €

231.11/789.00

Acción social. A institucións sen ánimo de lucro

238.000,00 €

924.12/789.00

Participación veciñal. A institucións sen ánimo de lucro

30.000,00 €

Total SC. Gastos de investimentos

7.159.841,70 €

CONSORCIO PARA O SERVIZO CONTRA INCENDIOS E DE SALVAMENTO

Acordo:

1º. Aprobar inicialmente o expediente de modificación de créditos do Orzamento do Consorcio Provincial de Ourense para o Servizo Contra Incendios e de Salvamento (Núm. 2/2019), e a súa integración no Orzamento xeral da Deputación. Contido:

SUPLEMENTOS DE CRÉDITO. GASTOS DE INVESTIMENTOS

APLICACIÓN

EXPRESIÓN

IMPORTE €

136/62200

Servizo de prevención e extinción de incendios. Edificios e outras construcións

19.000,00

136/62400

Servizo de prevención e extinción de incendios. Elementos de transporte

155.787,50

SUPLEMENTOS DE CREDITO. GASTOS CORRENTES

136/13000

Servizo de prevención e extinción de incendios. Laboral fixo. Retribucións básicas

25.000,00

136/16000

Servizo de prevención e extinción de incendios. Cotas sociais

10.000,00

136/21400

Servizo de prevención e extinción de incendios. Elementos de transporte

5.000,00

136/22000

Servizo de prevención e extinción de incendios. Ordinario no inventariable

3.000,00

136/22200

Servizo de prevención e extinción de incendios. Servizo de telecomunicacións.

2.500,00

136/22201

Servizo de prevención e extinción de incendios. Postais

1.500,00

136/22400

Servizo de prevención e extinción de incendios. Primas de seguros

1.000,00

136/23000

Servizo de prevención e extinción de incendios. Dietas

2.000,00

136/23100

Servizo de prevención e extinción de incendios. Locomoción

2.500,00

136/22706

Servizo de prevención e extinción de incendios. Estudos e traballos técnicos

4.000,00 €

RESUMO

Suma suplementos de crédito. Gastos de Investimentos

174.787,50 €

Suma suplementos de crédito. Gastos correntes en bens e servizos

166.900,00 €

TOTAL SUPLEMENTO DE CREDITO

341.687,50 €

APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO XERAL DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE PARA O EXERCICIO 2020

Acordo:

1º.- Aprobar inicialmente o orzamento xeral da Deputación Provincial de Ourense para o ano 2020, co detalle que figura nos resumos seguintes:

A) ENTIDADE LOCAL.-

Estado de gastos:

Capítulo 1.- Gastos de persoal

34.086.299,30 €

Capítulo 2.- Gastos correntes en bes e servizos

20.433.588,99 €

Capítulo 3.- Gastos financeiros

19.139,13 €

Capítulo 4.- Transferencias correntes

13.008.618,69 €

Capítulo 5. Fonde de continxencia

10.000,00 €

Capítulo 6.- Investimentos reais

12.294.409,02 €

Capítulo 7.- Transferencias de capital

4.845.744,47 €

Capítulo 8.- Activos financeiros

300.000,00 €

Capítulo 9.- Pasivos financeiros

702.200,40 €

Total gastos

85.700.00,00 €

Estado de ingresos:

Capítulo 1.- Impostos directos

4.900.000,00 €

Capítulo 2.- Impostos indirectos

4.390.000,00 €

Capítulo 3.- Taxas, prezos públicos e outros ingresos

4.784.879,37 €

Capítulo 4.- Transferencias correntes

70.099.569,53 €

Capítulo 5.- Ingresos patrimoniais

139.875,50 €

Capítulo 6.- Alleamento de investimentos reais

21.000,00 €

Capítulo 7.- Transferencias de capital

1.064.675,60 €

Capítulo 8.- Activos financeiros

300.000,00 €

Total ingresos

85.700.000,00 €

B) INORDE

Estado de gastos:

Capítulo 1.- Gastos de persoal

1.041.007,65 €

Capítulo 2.- Gastos correntes en bes e servizos

654.849,35 €

Capítulo 4.- Transferencias correntes

334.180,00 €

Capítulo 6.- Investimentos reais

74.963,00 €

Capítulo 8.- Activos financeiros

5.000,00 €

Total gastos

2.110.000,00 €

Estado de ingresos:

Capítulo 3.- Taxas, prezos públicos e outros ingresos

2.020,00 €

Capítulo 4.- Transferencias correntes

1.861.925,48 €

Capítulo 5.- Ingresos patrimoniais

11.153,81 €

Capítulo 7.- Transferencias de capital

234.900,71 €

Total ingresos

2.110.000,00 €

2º.- Aprobar as bases de execución do orzamento xeral, segundo figuran no expediente.

3º.- Aprobar os cadros de persoal, que se dividen en persoal funcionario, laboral e eventual, de acordo co art.126 do Texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado por Real decreto lexislativo 781/1986.

4º.- De acordo co art. 169 da LRFL, o orzamento xeral será exposto ao público, previo anuncio no Boletín Oficial da Provincia, polo prazo de 15 días hábiles, durante os que os interesados poderán examinalos e presentar reclamacións ante o Pleno. O orzamento considerarase definitivamente aprobado se durante o citado prazo non se presentasen reclamacións.

APROBACIÓN INICIAL DAS BASES REGULADORAS DO PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS MUNICIPAIS E DA REDE VIARIA PROVINCIAL PARA O EXERCICIO 2020

Acordo:

Aprobar inicialmente as bases reguladoras do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais e da rede viaria provincial para o exercicio 2020.

1ª) Obxecto.

Constitúe o obxecto das presentes bases a regulación dos procedementos de elaboración e execución do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais e da rede viaria provincial para o exercicio 2020.

2ª) Estrutura do Plan provincial de cooperación 2020. Distribución dos investimentos por concellos.

1. O Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais para o exercicio 2020 comprenderá as seguintes clases de investimentos:

– Investimentos en obras de mellora e conservación da rede viaria provincial, de titularidade da Deputación Provincial.

– Investimentos en obras de competencia municipal, preferentemente as necesarias para a efectiva prestación dos servizos municipais obrigatorios enumerados no artigo 26 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, modificada por Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da administración local.

2.O Plan provincial 2020, tanto no apartado da rede viaria provincial coma no relativo ás obras municipais (neste caso ata o importe máximo establecido para cada termo municipal nestas bases) financiarase na súa integridade pola Deputación Provincial de Ourense, resultando en consecuencia o seguinte cadro básico de financiamento:

Obras municipais:

• Deputación Provincial: 100,00 % Obras da Rede Viaria Provincial:

• Deputación Provincial: 100 %

3.Non obstante, no caso das obras municipais, os concellos voluntariamente poderán efectuar achegas adicionais para o financiamento das obras, alterándose automaticamente o cadro de financiamento neses supostos. Doutra banda, incluiranse igualmente no Plan Provincial, todas aquelas obras para as que os concellos soliciten a súa inclusión, dotadas de financiamento exclusivamente municipal ou procedente doutras administracións públicas, para os efectos de obter a declaración de utilidade pública de cara a posibilitar a obtención de terreos mediante expropiación forzosa.

4.A distribución do investimento prevista no Plan Provincial 2020 é a seguinte:

a.Investimento total previsto na Rede Viaria Provincial: 1.500.000,00 € Achega da Deputación á RVP (100%): 1.500.000,00 €

b.Investimento total previsto en obras municipais (incluída a Entidade Local Menor de Berán): 4.716.000,00 €, dos cales 4.440.000,00 € destinados á execución material das obras e 276.000,00 € destinados a servizos complementarios á execución das obras. Subvención Deputación obras municipais (100,00 %): 4.716.000,00 €,

5.A distribución territorial por concellos do investimento en obras municipais efectuarase mediante a asignación a cada concello da provincia dunha cota alícuota de investimento subvencionado, resultando un investimento por termo municipal de 51.000,00 €; da dita cantidade, 48.000,00 € destinaranse ao financiamento dos contratos de execución material das obras e 3.000,00 € ó financiamento dos contratos de servizos complementarios á execución das obras (con especial consideración das asistencias técnicas para a redacción de proxectos, a dirección facultativa e a coordinación de seguridade e saúde das actuacións).

O investimento con cargo a fondos provinciais asignado a cada concello poderá dedicarse a unha ou varias obras, a elección dos concellos, podendo supoñer o seu financiamento íntegro ou parcial, sempre e cando as obras correspondan a competencias municipais.

MODIFICACIÓN DO CONVENIO DE COOPERACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN E OS CONCELLOS DE CENLLE, PUNXÍN E SAN AMARO

Acordo:

1º) Aprobar a modificación do convenio de cooperación entre a Deputación Provincial de Ourense e os concellos de Cenlle, Punxín e San Amaro para contratación do servizo de explotación e mantemento e da subministración de enerxía eléctrica das instalacións de abastecemento en alta Razamonde–San Trocado, incorporando as seguintes modificacións:

a) Engádese un novo sub – apartado c) no apartado 1 da cláusula 3 (contido da delegación de competencias) co seguinte texto:

c) O mantemento correctivo das instalacións intermunicipais (tanto de reparación como de substitución) por calquera das fórmulas legalmente posibles (execución por administración, contrato con terceiros ou encomenda á concesionaria provincial – Aquaourense, Sociedade provincial de Augas e Medio ambiente SA). Esta delegac

Deja un comentario