Mércores 23 de Outubro de 2019

Concello e Universidade de Vigo organizan unhas Xornadas contra a Explotación Sexual, o luns e o martes no campus


Inclúen a proxección e coloquio sobre o documental “Serás hombre”, de Isabel De Ocampo e o relatorio “Os homes e a prostitución: ¿Por qué dicimos trata se falamos de prostitución?”, de Silvia Pérez

 

O Concello de Ourense e a Universidade de Vigo organizarán o luns, 23 e o martes, 24 de setembro, as Xornadas contra a Explotación Sexual, cun programa de actividades motivadas pola celebración, o día 23, do Día Internacional contra a explotación sexual e o tráfico de mulleres. A concelleira de Igualdade, Eugenia Díaz, a directora do Centro de Información Municipal ás Mulleres, Mª Elena De Jesús, e a directora da Área de Igualdade da Universidade, Águeda Gómez, presentaron esta mañá en rolda de prensa estas actividades, que se desenvolven no marco das medidas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

O luns, 23 de setembro, ás 19:00 horas, terá lugar un Cineforum: coa proxeccción do documental “Serás hombre”, da cineasta gañadora dun Goya Isabel De Ocampo, na Sala Emilia Pardo Bazán, no edificio de Ferro do campus de Ourense. Ao remate haberá un coloquio coa participación de Isabel De Ocampo e da socióloga, especializada en violencia de xénero, Silvia Freire.

“Serás hombre” é un documental que fala de machismo e de masculinidade, unha viaxe sensorial a través de reflexións sobre a nosa identidade de xénero e dos contextos sociais e culturais que nos moldean e condicionan. Máis información en http://serashombre.com/

O martes, 24 de setembro haberá un Relatorio: Os homes e a prostitución: ¿Por qué dicimos trata se falamos de prostitución?, a cargo da socióloga Silvia Pérez Freire. Será tamén na sala Emilia Pardo Bazán (Edificio de Ferro), ás19:00 horas

Silvia Pérez, socióloga e profesora da Universidade de Vigo , é unha investigadora social especializada en Violencia de Género desde hace más de 10 años. Ven de recibir o premio á mellor tese de 2018 sobre Violencia contra a muller, outorgado polo Ministerio da Presidencia. Tamén é a autora do estudio-diagnóstico para a convivencia igualitaria na cidade de Ourense.

Deja un comentario